Memoria de Salvaterra

fornelos da ribeiraMemoria de Salvaterra é un proxecto creado pola Asociación Lazoiro en colaboración con veciños e veciñas de todas as parroquias, onde levamos preto de dous anos traballando nel e que aínda non ten data de finalización.

Memoria de Salvaterra busca poñer en valor a historia da nosa vila e da nosas parroquias; as súas xentes, as súas paisaxes, as festas, aqueles actos importantes… ou non tanto. Para iso levamos algún tempo percorrendo todas as parroquias buscando imaxes e documentación para posteriormente dixitalizala. Actualmente temos unha base de datos de centos de imaxes dende o ano 1910 con información o máis detallada posible: década, lugar, persoas que saen na foto, a súa historia…

Contamos con preto de 300 imaxes rexistradas con información e centos delas máis que aínda están por procesar, porque isto non ten data de finalización.

Polo camiño tamén atopamos vídeos, folletos e recortes de xornais que teñen que ver coa nosa historia, pero sobre todo atopámonos cunha gran colaboración e participación veciñal.

Queremos das as grazas a todas esas persoas que de forma desinteresada participaron en Memoria de Salvaterra, que confiaron en nós para deixarnos unha parte importante dos seus recordos para dixitalizalos e poñelos en valor.

Grazas a todos e a todas!

Demos a coñecer a nosa historia, démonos a coñecer.

Sitio web: Memorias de Salvaterra

Páxina do facebook: https://www.facebook.com/memoriadesalvaterra

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.