Ata o eco da súa voz chegounos a nós

muiñeira vozO noso sempre agradecemento a Elda Marin, quen nos falou da Fina de Fornelos, que canta como os anxos.

Imaxínome que se refire a Asociación Coral Lacedurium de Salvaterra do Miño, domiciliada na rúa Dona Urraca do Concello de Salvaterra. Aínda que hai outras espalladas polas distintas parroquias do Condado é a Paradanta, que tanto enriquecen o noso acerbo cultural, e que a nosa veciña de Fornelos forme parte.

Fai xa algúns anos que debido a idade deixei de conducir é non teño quen me leve a Fornelos onde teño os seres mais queridos da familia. É, dende logo, na miña estadía en Fornelos, coa miña madriña ía sempre a misa é xa daquela cantaban na igrexa, algunhas bastante ben. Algunha vez toqueilles o armonium co pouco que de música sabía. É dicir: Dáballe un xeito soamente.

Pensando un pouco encol da ampla cultura musical do noso pobo, venme a mente o libriño do mestre Rodrigo A de Santiago, encol de La Música Popular Galega da que O Condado de Salvaterra do Miño foi allea ata fai ben pouco, incluída a banda de música.

Por iso, cando o mestre Rodrigo A. de Santiago, namorado da riqueza musical da nosa terra, anunciaba que ía a dar a coñecer as súas composicións para intensificar o amor a música, pensaba en Fornelos con una asociación coral que nunca tivo, a pesar de que sentía a música, demostrada nos concertos despois das procesións das festas que entón había.

Eu non son músico, so de mozo aprendera un pouco de piano que unha das fillas do alcalde de Vigo, López de Neira me deran, cando estas xa velliñas vivían na rúa de Lepanto (D.E.P.).

Lamas Carvajal nos fala “o canto tenro, vago e sublime que conmovida nos deixa a alma”, ese é, o canto de Fina que lle acompaña a marcha vigorosa polos nosos camiños da aldea.

Sempre me gustou a música é sentín o barullo do baile chouteiro, o ritmo das bailadoras, o confuso balbordo das romarías ou da leda enxebre das foliadas. ¡Sempre!

Lémbrome na miña estadía no rueiro de Calvelle, no Pereiro de Aguiar en Ourense, onde vivín bastantes anos, como alguén pedía o remate das festas, a repetición da muiñeira é o forte aplauso pola actuación.

Polo tanto, felicito a esta Fina de Fornelos que canta como os anxos, que é o que compre facer, esperando que algún día teña a sorte de coñecela e felicitala pola súa labor coral; é o interese, é o cariño que dedica a nosa música que ben o merece. ¡Parabéns!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.