Naquela Compostela mediocre, da miseria e da dor

CompostelaXorden As Marías, mulleres de luz na inmensa Compostela gris. Así foi daquela parcela de artesáns de Compostela. Arturo Fandiño, honorable zapateiro de Algalia de Arriba, ela, Consuelo Ricart bordadora e costureira quen compartía a súa laboura coas fillas. Xente traballadora, humilde pero decente, quen co seu traballo honrado e digno, conseguía dar de comer os seus trece fillos.

Pero velaí, a orixe das mulleres mais retratadas de Compostela, as Marías, cor e ledicia naquela Compostela gris e triste do franquismo No principio foran tres, pero a terceira morrera moi nova. Vivían a súa mocidade naquela Compostela esperanzada no triunfo da República Española no Abril de 1.931 con aquel proxecto da nova Residencia Universitaria, a estación do ferrocarril na Ponte Seca, etc…

Aquela nova Compostela que desexaba rachalo pasado eclesiástico e caciquil, coa luz do traballo, coas forzas republicanas e coa esperanza galeguista do Estatuto. É coa súa mocidade, digo eu, alimentada nun clima de esperanza na que se vivía en Santiago, cando as irmás Fadiño saían as rúas a pasear vestidiñas coa roupa feita no fogar; coas cores e teas alegres e vivas como elas, que os estudantes republicanos lles chamaban a liberdade, igualdade e fraternidade, cando eran a tres. E os conservadores estudantes a fe, esperanza e caridade. Porque así era mais ou menos o enredo daqueles tempos.

A sublevación do 36, co odio, opresión e asasinato chegoulles a familia Fandiño. Non era para menos. E coma sempre quedaron asasinados nas gabias. Elas e a nai sobreviviron ameazadas, chamábanlle de todo, roxas, tratáronas de putas. . . En fin: A falta do sustento e a fame estivo presente nas súas vidas. É as dúas irmás Fandiño As Marías, tolearon e saian a rúa escuálidas, sen dentes, vestidiñas de luz e cor, cheas de afeites, naquela Compostela mediocre, da miseria e da dor, marcadas polas badaladas da Catedral coa súa galantería hipócrita.

Quizais, pense eu, vivirán felices na súa loucura cruel, cheas de fame e de miseria, pero como di Encarna Otero Cepeda, ledas e xenerosas naquela Compostela escura.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.