De Meder a Mar del Plata esta extraordinaria muller de San Adrián de Meder honra a terra en Mar del Plata na Arxentina.
María del Carmen Cheda fai uns poucos de anos fora nomeada “Cidadá ilustre de Mar del Plata”. É tocoulle nada menos que a unha cidadá de Meder, emigrante no ano 1.947, hoxe cabeza dun grupo hostaleiro, inaugurado polos anos 1.995. Fai pois, vinte anos.
Xa pasaron algún anos no que Gabino Porto comentara que levaba no corpo para América a idea de poder abrir un “5 estrelas” en Mar del Plata. Aquel homenaxe do Axuntamento de Mar del Plata co nomeamento de “cidadá ilustre”, cheo de numerosos persoeiros fora seguido por “Crónicas de la Emigración”.
O alcalde Marcelo Jorge Artime, presentou naquela ocasión a María del Carmen Cheda, que fixo unha reseña histórica da traxectoria desta grande muller de Meder, o emigrar e contraer matrimonio con Manuel Álvarez Arguelles e instalarse en Mar del Plata.
Curiosamente hai que dicilo que a construción dun hotel de 5 estrelas, Costa Galana, no foi doado. É coa ausencia do seu marido tampouco; pero aínda así, inaugurouse en 1.995.
Eu, que tantas veces visitei San Adrián de Meder, coñecín tantas xentes da terra, o meu mestre don Xosé , O das Rodas, admírome como esta galega da terra, mais ou menos da miña idade, eleve tan alto a nosa maneira de ser e de entender a vida, aló onde se encontre; non só como empresaria, creando riqueza, e recibindo un premio como “Muller Empresaria 2.003”, senón, polos traballos solidarios que realiza que non vou nomear aquí, porque pertence a súa maneira de ser e sentir
Eu síntome orgulloso de recoller no Condado de Salvaterra do Miño a Pardanta, este testemuño de quen engrandece a parroquia de San Adrián de Meder e fainos a todos coparticipes da maneira de traballar dos galegos para obter ese pedazo de pan e compartilo cos demais. O parabéns de todos os que aquí estamos para toda a familia, que tanto exemplo nos dá.