Curiosamente, despois, os mexicanos lle renderon un homenaxe a heroína. Seguindo o historiador salmantino de México, Contreras Enríquez entorno a súa investigación sobre María Tomasa Estévez Frías, asegura que os seus restos mortais foran sepultados no adro do Hospital e a cabeza colocada na praza principal.
Pasaron mais de 200 anos pero convén lembralos. Esta mociña de 15 anos casara con Domingo de Salas, mestizo, tamén de 15 anos e o matrimonio vivirá nunha rúa do Xeneral Negrete en 1.880.
A insurxente sedutora como lle chamaban, morrera con 18 anos despois de ser capturada o 8 de Agosto de 1.814.
Debido os seus trazos físicos recibirá o alcume de “La Triné mexicana”, pola súa beleza. O goberno municipal de Salamanca rendeulle unha homenaxe e instituína como premio a heroína insurxente.
Seguín un pouco esta historia e a de moitas mulleres en México loitando pola independencia de México, Josefa Ortiz de Domínguez, Leonora Vicario Fernández que sufriron rapto e violacións.
Ríndome, antes que esquecerme, de estas e outras mulleres que participaron nos movementos reivindicativos, porque elas foron e son o orgullo das xentes de ben nacer.