O chamado socorro rojo e María de los Angeles

María de los AngelesDestinada a pregarse ante o franquismo e a Igrexa Española. Foron cinco mulleres e catro homes sacados do frío amencer daquel maldito 26-11-1.937 do cárcere de Laviana, con destino o cárcere de Oviedo, cando se detivo na escombreira de Vindoria, onde despois de baixalos, foron vilmente fusilados, salvo José Suárez “o chalana”, que lograra escapar, pero un dos asasinos daría con el, na estación de ferrocarril onde o matou.

María de los Angeles (Luisa La Chucharona, 1.918 – 1.937) fora una activista do Socorro Rojo Internacional, participando a favor do hospital de sangue, onde os mozos conseguían alimentos e material sanitario para atender os soldados republicanos feridos.

Ramón Suárez, abonou grandes cantidades de diñeiro os canceleiros extorsionadores que exixían grandes sumas para liberar as persoas, pero incumprindo o trato, Rosario La del Pau foi asasinada o 26 – 11 – 1.937.

Por aquelas datas dixo o xeneral Mola que “era necesario propagar una imagen de terror (… ) cualquiera que sea, abierta o secretamente defensora del Frente Popular debe ser fusilado (… ) Yo podría aprovechar nuestras circunstancias favorables para ofrecer una transición a los enemigos, pero no quiero. Quiero derrotarlos para imponerles mi voluntad. I para aniquilarlos”. E Franco: Paz, si. Pero cando non quede un adversario vivo.

¿Que era, unha guerra civil? Non, era unha loita dos sen Deus contra a verdadeira España, contra a Relixión Católica (Chicago Dally Tribune, 27-07-36)

“Aunque el otoño de la historia / cubra nuestras tumbas / con el aparente polvo del olvido / jamás renunciaremos ni al más viejo / de nuestros sueños.” (Miguel Hernández 1.910/1.942).

Outro ser humano que dicía loitarei ata que o mundo teña un prato de comida para comer tódolos días foi, Manuel Alonso González (Manolin El de Lorio. 1.918 – 2.011) que foi vendo como se ían evaporando os avances arrincados o benestar social.

Nada peor que ollar os actuais políticos mediáticos (¿) que nas súas acepcións, non son mais que suxeitos das lixos que diariamente ofrecen algún medios de comunicación afíns.

En fin, ¡que lle vamos a facer…! Eu, coma sempre inclineime polos perdedores, polos que nunca se arrodillaron nesta vida de dureza e chea de traxedias familiares que nos tocou vivir, Para tódolos que están mais aló das estrelas que descansen en paz, e para os que aquí estamos, ánimos para seguir loitando polo que nos arrebataron: Os dereitos adquiridos que son nosos.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .