A carballeira de As Fraguiñas

carballeira Carballeira secular testemuña dende a noite dos tempos , da vida e norte dos fornelenses. A Carballeira de As Fraguiñas, foi é e será a carballeira mais fermosa. mais mitolóxica, incluída a súa purga ou pulga do carballo. E foi precisamente o conxunto de carballos o que lle deu o nome de carballeira e que en tempos da ditadura mandaba sobre ela o cura párroco y non o pobo, como tiña que ser. Mellor e deixalo aquí.

Daqueles carballos “quercus robur” de fai tantos anos, pouco sabemos; o que si sabemos é das súas flores pouco aparentes. As masculinas amárelas e as femias cor parda As flores femias están no nacemento da folla e dende o mes de febreiro o marzal a landra presentase sobre un péndulo con cúspide escanosa. No mes de Abril xa é mais para dar froito no outono.

A Carballeira de As Fraguiñas, que non chegou a ser fraga, para tódolos fillos de Fornelos da Ribeira é mais que un conxunto de árbores, é a vida propia dos fornelenses, tanto dos vivos como dos que morren, porque todos eles teñen a obriga de pasar por alí. É seica foi, entre outras cousas, baixo a carballeira, os xuramentos ou amores eternos das mulleres da miña aldea. É porque A Carballeira de Fornelos era, é e será o punto do culto os nosos fogares.

A Carballeira de As Fraguiñas, foi sempre espazo de reunión, romarías e festas sagradas que marcaron os vieiros de identidade de todos nós.

Lémbrome de Juanito do Casal, tocando a gaita nas festas e xuntanzas da xente para que os seus sons saíran ledos; lémbrome de meniño pasar por ela sempre, co seu contrapunto de ser a clave de todo: “Da festa ou romaría con polbo, rosquillas e banda de música de Beade (Ourense)”.

Lémbrome de A Carballeira de As Fraguiñas de acoller é ser o escenario puntual de todos. Hoxe da escola infantil, da Asociación Cultural A Carballeira, da Asociación Veciñal San Xoán e Solpor que ofrecen actividades relacionadas coa vida, como a Mostra de Teatro Afeccionado. As edicións gastronómicas da Carne o Caldeiro acompasadas polos Charrúas.

A Carballeira de As Fraguiñas, é, amigos, o punto neurálxico da parroquia.

Síntome orgulloso de enviarlle a Carballeira de As Fraguiñas, o meu último adeus, co entusiasmo que sente un home da terra, e a ese espírito xuvenil unido os maiores para engrandecela. Este é o meu desexo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.