Porque agora lémbrome de cando neno da historia que nos contaban do O Paraíso de Adán e Eva.
Durante a Idade Media, me contaban, que os cristiáns pensaban naquel “paraíso terreal” con Adán e Eva. Naquel rueiro que existía na mente dalgún, en Oriente, clausurado polo pecado de Adán. E penso, que si fóramos rigorosos na historia, deberíamos contar tamén as festas, romarías e sonos da Humanidade.
Durante aquela Idade Media, penso eu, os cristiáns crían no paraíso terreal, que o eido de Adán e Eva fora un rueiro real, clausurado polo pecado da mazá. Digo que pensaban, o parecer aqueles cristiáns que ese paraíso estaba no Oriente, foco de tantas guerras, na montaña, para o goce do ar puro, e a proximidade do Ceo. Era, en definitiva o mais grande da vida ¡Xa!
Cos anos se foi perdendo aínda que no século XII xa se comentaba do “reino do preste Xoán”, lenda que durou bastante tempo. Hoxe, o turismo vai descubrindo paraísos, e cando no século XIV, o misioneiro florentino Giovanni Marignolli chegou a Ceilán, pensou que estaba alí. As xentes colaboraron no sono do misioneiro contándolles o fragor das augas do Edén, e tamén, do fértil xardín e Ila de Dante.
Agora, os turistas pensan que o lugar da felicidade son tantos como as xentes que viaxan, porque o paraíso e o rueiro xeográfico que forma parte dos sonos e lembranzas da vida de cada quen.
A memoria sitúame nas vivencias, e os sonos libres, creando paraísos onde aspiramos un día alcanzala felicidade. Meditando un pouco, a liberdade aparece como unha nova calidade de paraíso. Con nostalxia de paraíso. As verbas do poeta “Unha flor se abre baixo o rocío,/ un paxaro atravesa o ar,/ escribo o rumor da auga,/ e a voz da miña amada”. . . E aquí o paraíso.
Eu sen querelo doulle a razón os tozudos medievais, cando pensaban que o paraíso estaba no Oriente, e, por elo, cando o buscamos noutro lugar, andamos desorientados, ¿Pode ser?
Eu, xa sabedes, o meu paraíso sempre foi Fornelos da Ribeira e aquí estou para lembralo. Amén.