Fillo de Clemente Francisco Cambra e Vilas e Rosa Rivas, do eido de Cambra no Casco de Fornelos da Ribeira, deume unha lección de Fe.
Jesús emigrara como seu irmá José María Cambra e Rivas, sacerdote católico, párroco de El Azul en Arxentina, en plan evanxelizadora e o mesmo tempo facer, como se dicía a América. Despois de moitos anos amosou unha pequena fortuna, e despois do falecemento da súa dona, decidiuse regresar a súa terra coa súa filla, morrendo ambos en Vigo.
Foi un defensor da Fe Cristiá sempre ata chegar a pedirlle o hoxe Santo Pai, Pío X, Giuseppe Melchiorre Sarto a bendición Apostólica, para toda a súa familia.
Este documento que teño a sorte de ter nas miñas mans e o honor de expoñelo aquí, como unha mostra mais daquela relixiosidade en marcada no ano 1.910.
O seu irmá José María Cambra e Rivas fora capelán e protector de San Caetano (1.850 – 1.913). Daquela referencia, fora a celebración do centenario do Santuario de San Caetano e dunha foto do rueiro onde descansaban os restos do santo, coa inscrición: “Este é o que ama os seus irmás e reza polo seu pobo”. Outra é a placa que di: “Elixido este rueiro privilexiado de misericordia para encontrarse o seu pobo”.
Este José María Cambra e Rivas como o seu irmá Jesús, do eido de O Casco, da familia Cambra, onde fun nado eu, o último da dinastía, quixen recoller, aínda sendo agnóstico, as testemuñas orais é escritas que encontrei dispersas nos arquivos e bibliotecas. Curiosidade, no mellor sentido etimolóxico de investigar a vida emigrante dos meus parentes, na historia, e como votaron raíces o longo do tempos nesa bendita terra arxentina. Quizais porque desexara unha profunda e verdadeira reforma de vida e costumes, dentro da igrexa que na terra non encontrou, como outros irmás tamén sacerdotes que por a abadía de Tortoreos, andou o seu irmá Manuel, Fornelos da Ribeira ou Salvaterra do Miño.
A fundación da capela de San Caetano na Arxentina recibida no 1.830 por vontade de Mercedes Córdoba, que doara o terreo entre San José de Flores, Ramos Mejía y Chacarita estivo con monseñor Aneiros no 1.878 facendo vida común entre as beatas e as do uso do hábito. Seu irmá Jesús faría algo parecido coa capela Santa Rosa, no rueiro do Casco en Fornelos. A capela de San Caetano foi levantada en 1,896 e pasou a ser parroquia de La Candelaria. Terminouse de construír no 1.900 sendo capelán José María Cambra e Rivas, que solicitara o arcebispo Mariano Espinosa ( 1.900-1.923), autorización para a súa bendición.
Naqueles tempos eran actos de fe cristiá a presenza masiva a busca da paz, pan e traballo.
E xa o meu parente nas misas pedía xustiza social que non a había, verdade e caridade e honestidade da que moitos carecían. Porque a honestidade non ten prezo.