O diagnóstico socio económico do Condado

salvaterra do miñoE referente a potencialidade do territorio, para este ano 2.016.

A miña idea era realizar un pequeno diagnóstico sobre as potencialidades do noso territorio, para este ano 2.016. Estruturado como está O Condado de Salvaterra a Paradanta, en parroquias con formas suaves e asentamentos en cada concello con entidades de poboación, algúns a punto de quedar sen xente e sen veciños. É, polo que é necesario facer un diagnóstico socio económico de supervivencia.

Salvaterra do Miño, capital do Condado está situada na parte baixa do Val do Tea, na confluencia co pai Miño, con pequenos outeiros e macizos montañosos que proporcionan unha maior altitude.

A gastronomía, é a mais variada, como a lamprea, as anguías, as troitas, se esquecer a carne coa que se preparan exquisitos pratos. Singularmente, no río Miño e o Tea, están os peixes, nos concellos é parroquias se celebran festas gastronómicas que, cos doces, rosquillas, roscas é froitos é filloas dan xeito os pratos sen esquecerse dos viños que dan fama a bisbarra: Albariño, brancos é tintos baixo a D.O. Rías Baixas.

Pouco a pouco, neste Condado de Salvaterra a Paradanta, vaise desenvolvendo a riqueza cultural e patrimonial que atesoura, pero nos falta conformar un mapa incorporando os elementos materiais é inmateriais que ben poderían aproveitarse no Sector Turístico.

Non debemos esquecer as Rutas onde se desenvolve o acondicionamento da paisaxe; as rutas dos pazos, das casas solares, entre as diferentes concellos e parroquias. As rutas relixiosas. A riqueza do viño. E os amantes das tradicións é festas ou romarías, que se desenvolven o longo dos Concellos e Parroquias coa presenza patrimonial e cultural. Conformando un atractivo panorama, para mellorar as condicións de vida aproveitando os recursos dispoñibles.

As veces penso na falta de apoios para as iniciativas empresariais, pero o noso carácter individualista nos leva, como sempre, a ser uns pobres de espírito.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.