O rapaciño da horta do Coto de Sá

neno traballoAconteceu, naquel maldito verán do ano de 1.945 na miña aldea de Fornelos da Ribeira.

Lémbrome que vindo a pe de Cimadevila, no rueiro de A Loña, encontreime con un rapaciño que carrexaba auga da poza para regar a horta que tiñan os pais detrás da igrexa de San Xoán. Este rapaz tería hoxe uns setenta e algo anos. Levaba en cada man un caldeiro moito mais grande que a súa idade. Baixaba por detrás do fogar de Manuel da Loña, é descendía polo camiño que aínda hoxe existe, naquela de pedras e seixos cargando auga, é volvendo a subir. Enroscaba uns trapos o aro dos cubos é comezaba a loita para chegar con toda a auga; as veces derramadas e mollados os pes descalzos. Outras veces caía coa auga facendo o imposible por subila. Así era a ousa.

Aquel rapaciño , naquel tempo de pequena mente, como era a miña tamén, percorría un mundo de fantasía, é ollaba a un home importante con moitos cartos que saíra do fogar “das Pericas”, repartindo cousas, presumindo de noivas, e que por certo, vestía do mellor. Era un retornado de América. Un daqueles que mais ou menos tivera a sorte de facer algúns cartos.

Pero había que volver a realidade da avoa que nos leva de novo a terra descarnada.

Aquel rapaciño se levantaba tódolos días coa tarefa de levala auga a horta, darlle de comer as ovellas e o porco. Isto cada día, pois cando chegaba a tardiña, que era pesadiña, para un meniño de sete anos, tiña que ir a por leña é quentala auga para lavarse. E mentres ardía o fogo, pousaba enriba da mesa o candil alumeando a fame que despedía. ¡Que tristeza!

Lémbrome daquel pobre rapaz que sentía a alegría o ver a avoa cando ía a durmir, para que as sete da mañá comezar de novo a tarefa; antes corría a fiestra para ver si chuvia, ollaba para as alpargatas e ir descalzo. Así era a mísera vida na aldea.

Aquel rapaz que por vergoña se puña a chorar de rabia polo que lle estaba sucedendo, non era para menos: Regala horta para ter verdura, cargar os cubos subindo auga, unha, dúas, tres ¡non sei cantas veces o día! Esta era a retaíla da xente na aldea.

¡Cantas veces pensaba en ser grande para cambiar de sorte! Deixar ese traballo, ser un home.

Esta é a miña lembranza de hoxe, para aquel meu amigo que aquí queda gardada a súa memoria. Da mente tamén daquel meniño de trece anos que por alí pasaba.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .