Xosé María Cambra e Rivas, de Fornelos da Ribeira, cura párroco de San Pablo de San Nicolás de los Arroyos en Arxentina, entre o 1.879 é 1.880.
Fillo de Clemente Francisco Cambra Vilas e Rosa Rivas, ademais de párroco de El Azul, o foi de San Pablo de San Nicolás, fundada por Rafael de Aguiar cando promediaba o século dezaoito. É o 14 de Abril de 1.748 declarada cidade.
Era moi pouco o que se avanzaba na construción da igrexa, pero ¡ por fin! dezaoito anos despois foi párroco por un ano, o meu parente Xosé María Cambra ocupando seguidamente a parroquia Manuel B. Fernández, sendo Romano Pontífice León XIII.
Naqueles tempos exercían a autoridade o Xuíz de Paz é o párroco.
Curiosamente en Xaneiro de 1.865 se venden os materiais da demolición do cemiterio vello, é con o diñeiro faise a construción do templo.
Contan as crónicas de San Nicolás de los Arroyos, do saqueo do 9 de outubro de 1.812, cando San Nicolás tiña unha poboación de 4.500 habitantes; é unha economía baseada na agricultura e gandeira, favorecida polo porto natural que comerciaba aceites de potro para alumear é artigos de alimentación.
Eu penso crer no ser humano consciente e libre que corresponde a dignidade do ser humano. Tamén do acto eclesial, como podemos observar no meu parente. A fe da igrexa precede, se enxendra e alimenta a fe, é aínda que eu sexa agnóstico, recoñezo a labor eclesial do meu parente como testemuña da súa visible labor na construción do templo que expresa a fe é o sono da comunidade de San Nicolás de los Arroyos. Como así sucedeu.
Xosé María Cambra e Rivas morre en Bos Aires o 4 do marzal de 1.811 os 71 anos de idade D.E.P.