É non se equivocou moito, pois grande cantidade de rúas e monumentos levan seu nome. Empezarei por contar que de unha aldea saíra unha dona dun cabalo branco que fixo parala marcha do personaxe, que me reservo para mais adiante. A dona quería regalalo o xeneral Bolívar dicíndolle habelo criado para el. É o libertador, cambiou de cabalgadura. Ninguén pensaba que aquel cabalo branco sería o Palermo; o mellor acompañante do xeneral ¡Ninguén se esqueza!
Explicaba este, que sería incalculable a cadea de bens que caerían sobre Colombia si se ligara coa chamada Señora do Universo. É aquí acabouse a historia e tamén a pregunta.
Seica o xeneral caera enfermo é andaba buscando como poder aferrarse a vida, cando el mesmo vivía cos prexuízos, é un deles era: “Os médicos son móbeis de luxo, non unha necesidade; mais ou menos como os curas. Os médicos dan receitas e os bispos bendicións”, cando naqueles días se estaba a escribir a páxina mais dolorosa de Colombia.
O xeneral Bolívar agonizaba ¿Que facer para evitalo? Non se sabía.
Xosé María Estévez Ruiz de Cote, de 50 anos, nado en Bucaramanga, non era un veciño calquera; pola contra se trataba dun bispo metade relixioso, metade político, misión milagreira dende cal quer punto de vista. Incluso, para un bispo con tanta maña como Estévez, cuxa única dúbida era de que Xosé María Estévez simpatizaba mais co xeneral Santander que con Bolívar ¡Case que na! Diría un andaluz.
O bispo Estévez cría que aínda moribundo o xeneral tiña mando, e polo tanto o bispo, nin corto nin preguiceiro, se subiu a carrilana enfilando a catedral para dicir misa é rezar polo enfermo, mentres o xeneral Bolívar se enchía de jarabes, auga de goma arábiga, infusións, emplastos, purgantes, é ¡ Deus sabe que mais!
Bolívar desconfiando de tanta facundia, resoplando para evitar a tose, pregunta, ¿Como sairei deste labirinto?
Nas mans do bispo Estévez estaba, que é quen o atende no último momento. A partir de aquí todo levará seu nome. Mais ou menos así foi.