Outro capitalismo é posible

moedas capitalismoAs xentes mercan cando as mercancías son baratas e non cando son caras, ¿Por que? A exposición non é miña, senón de Silvio Gessel, comerciante alemán que observou como as cestas da compra, se venderían ben, baixadas de prezo, e as outras con lentitude. Chamaralle a atención de que iso sucedera así, é entendeu que os aumentos e rebaixas poucas veces tiñan que ver coa demanda ou calidade é si sempre, co prezo do diñeiro.

É descubriu que a xente mercaba, cando as rebaixas de prezo, e non cando non, razón pola cal, en momentos de dispoñibilidade de diñeiro dependendo todo do diñeiro prestado. Pasaba o que está a pasar coa crise actual, quebra de empresas, postos de traballo perdidos, desafuizamentos, fame… Si despois de certo tempo a xente está disposta a pagar mais intereses polo diñeiro, novamente queda dispoñíbel, para un novo ciclo económico.

Segundo Silvio Gessel, este fenómeno se debe a que o diñeiro a diferenza doutros bens é servizos, pode deterse sen custe algún. É pon un exemplo: Si una persoa ten unha bolsa chea de mazás e noutra ten diñeiro para mercala, o pouco tempo o dono pode esperar ata que o prezo lle conveña, pois o diñeiro non xera custes de telos. É Gessel conclúe que si creamos un sistema monetario no cal o diñeiro, o igual que os demais bens e servizos xera custe de mantemento, poderíase acceder a unha economía liberada dos avatares da especulación Gessel propuxo deseñar un sistema no que o diñeiro se oxide pola taxa do uso.

No 1.890 Gessel formulaba unha teoría do diñeiro e dun orde económico natural, lonxe do capitalismo e do comunismo, e facía unha comparación de Copérnico: O sol non se move arredor da terra senón a inversa, aínda que os nosos sentidos se resistan a esta verdade. É Gessel, xurde asegurar o fluxo monetario transformando en diñeiro o servizo da xente suxeita a unha taxa polo uso. En lugar de pagar intereses os que teñen diñeiro mais do que necesitan, co fin de mantelo en circulación, todo o que fora excedente en diñeiro, pagara unha taxa por mantelo fora da circulación.

Gessel dicía que para captar mellor este concepto comparaba o diñeiro con un vagón de carga que facilita o intercambio de bens e servizos.

A diferenza dos países que emiten diñeiro, a compañía ferroviaria non lle paga o usuario prima por descargalo vagón, é poñelo en circulación, senón que o usuario paga unha taxa por estacionalo e non descargalo.

As xentes que usan o diñeiro facilitan o intercambio de bens e servizos cobrando unha taxa de estacionamento o usuario que retén o diñeiro durante un tempo. A reforma resolvería os múltiples problemas sociais no mundo polos intereses corporativos o longo da historia.

A taxa polo uso do diñeiro se traduciría en beneficio público e o produto del, debería ser integrado no fluxo monetario.

A taxa representa simplemente o “ingreso” para o Estado de cada pais e reduciría os impostos. Simplemente servirían para pagar o gasto público.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.