Todas tiñan traballo para coser e recoller as prendas feitas. Teño entendido que fora Xosé Lamas no final do século XIX, quen na parroquia de San Paio de Fiolledo, en Salvaterra, evocaba o oficio mais popular do Condado de Salvaterra do Miño.
A este, sucedéralle Xosé Lamas López rematando con Daniel entre 1.917 é 1.998. En Fornelos da Ribeira había catro xastres, e o último da serie, o amigo Lecio do rueiro da Laxe no Casco.
Naquela época se dicía:
Se queres lucir un traxe
da que non ter que dar queixa
vai por dentro destes montes
onde o xastre da Carqueixa.
Tiña taller de aprendizaxe, mozas e mozos, ían aprendelo oficio e logo despois, traballar nas súas casas, para despois recollelos feitos. Loxicamente, tiña pantaloneiras en Rubiós, no Ravelo en Tortoreos, Liñares é xastres en Fornelos da Ribeira e Ponteareas, ademais de costureiras, fiadeiro das Urxeiras, panadería, gaiteiro dos Veigas, Forxa, Zapateiros; todo un expoñente do traballo rural que chegaba a Fornelos coa panadería de Correa e muiñeira, zapateiro como Silverio Rivera, modistas en Rañe, pero o que me chamaba mais a atención era a panadería onde as xentes ían a polo pan do “razoamento” que nos daba o réxime franquista.
En canto, para chegar a Cerqueira polo monte e bosque era unha gozada. Hoxe convertido no Porto Seco. Loxicamente os oficios satisfacían as necesidades dos veciños e aportaban o fogar uns cartos que non viñan mal, para os desprazamentos.
Naquelas datas a muller coidaba os fillos, as veigas mentres que o marido quedaba co seu oficio. É este foi, o papel que lle tocou facer a familia Lamas na Carqueixa e o Ledo, Elixio e outros mais, na parroquia de Fornelos.
Carqueixa é Fornelos foron rueiros de convivencia solidaria, onde os vellos foron sempre respectados nos seus eidos; casas é costumes o mesmo, a través de séculos. Entón o Mendo e o Tea, ían limpos e cheos de peixes. É no fogar usaban as mesmas ferramentas do romanos.
Cada noite se facían os seraos é coas tamancas se votaban as patacas. Así era a nosa historia. É así o la conto.