Espallado polo Chan da Salgosa e todo o que hoxe é o Porto Seco. Aquela riqueza aurífera da época terciaria, eran aluvións miocenos que quedaran enterrados, ligados os filóns ou veíñas de cuarzo explotados polos romanos na confluencia do río Miño e os meandros do río. Na época romana as labores sobre os nacementos primarios incluían cortas de minado.
A mineralización aurífera estaba estreitamente unida as masas rochosas; as partículas de ouro aparecían ligadas as arsenopirítas que levaban os filóns de cuarzo entre a rocha encaixante.
Cando o filón adquiría certa potencia, os romanos buscaban eses lentexas de arsenopirítas é a explotaban onde existían.
As explotacións romanas no río Miño encontrábanse na súa totalidade sobre placeres cuaternarias. O cultivo das terras da ribeira en xeral, foron transformadas nas labores dos romanos. Estas explotacións a grande escala, desembocaron nunha serie de socalcos converxentes é canais.
O estudo secuencial que precisa esta labor para coñecer a súa cronoloxía fai imposible acudir a documentación actual, porque os restos visibles a pe da terra son de tal envergadura que so co moita dedicación é esforzo nos permitiría alcanzar algún resultado.
Penso eu, que o persoal adscrito os procuradores imperiais, terían un papel clave na supervisión, debilitándose no caso local, no proceso de explotación aurífera, claramente estatal, situada nos marxes, tanto físicos como políticos das civitates. Ademais, o carácter da mina como “ager publicus” cobraba unha maior entidade especial é administrativa, ou formaba parte activa na división do “ager provincilialis”, entre as diferentes comunidades. Ata tal punto, que algúns poboados puideran ter estatuto de vícus. O menos a min ,me o parece.