Un crego con sensibilidade

Iglesia de San Juan de FornelosEste crego con sensibilidade polos problemas sociais foi Ramón Castro López. É observaba como as sociedades con instrución (con cultura e formación), eran a esperanza para derrubar o caciquismo reinante, non so na nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, senón, en todo o Estado Español. E arraigado en Galicia, como se sabe, dun xeito maioritario, dende a escuridade dos tempos. Pensaba ben o crego, que elevando o nivel de vida nas aldeas galegas coa instrución, o home sería home e a liberdade deixaría de ser quimera.

Logo, Luís Peña Novo, no 1.913 tivo a visión optimista cos retornados que con unha visión profunda de conviccións democráticas as almas vencerían como os corpos a cultura. Se cotizaba con mais forza o deixarse de ser lacaio político é se honraba o traballo con o asociacionismo é a formación cultural é cívica. É tamén con acción común para alcanzar a verdadeira igualdade de oportunidades.

Con elo, influirían os nosos emigrantes ata o día da liberación, conscientes da vontade de presentar un home novo de orientación republicana. Na miña terra de Fornelos da Ribeira, os nosos emigrantes na Arxentina, interviñeron con frecuencia nas loitas ante caciquismo a nivel parroquial é municipal.

É as nosas xentes de hoxe deben sabelo, é sentirse honrados daqueles nosos irmas.

Os Hijos de Fornelos y Anexos, é os Hijos de Moreira en 1.919, é a Unión Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño, colaboraron moi activamente coa Federación Agrícola de Ponteareas, e doaron fortes sumas de cartos para a construción da Casa do Pobo e expuxeron crear unha cooperativa para resolvelos problemas do campo.

Manuel S. Fandiño é David Díaz, desenrolaron unha actividade na organización obreira a ambos lados do océano, que ben merece unha humilde lembranza.

É digo eu que hoxe de nada serve ser liberal é contrario o sistema reinante, si estas integrado na extensa confraría dos indiferentes. É digo mais: É o que non é indiferente é rastreiro, servidor do sistema. Baste ollar a loita electoral e os resultados. Non digo mais. (24-05-2.015).

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.