Na terra da miña nai: Mos

galiñeiro mosNa que na xeografía xeral de Galicia sinala a Mos como parte montañosa coas estribacións do Galiñeiro regada por varios ríos, principalmente o río Louro.

A terra da miña nai enmarcada no vale do Louro mantense intacta, salvo as industrias acollidas, pouco urbanizado, dedicado a monte, cultivos e prados. Alcanzaba especial interese Torroso, rueiro da miña nai, que dependera do Marqués de Mos, así como outros territorios do Concello.

Lémbrome de rapaz das grandes carballeiras, piñeirais, carballos, castaños e fentos, cando de meniño ía a ver o fogar onde fora nada a miña nai da alma.

Facendo un pouco de historia, lémbrome de finais do século XVI de cando Alfonso de Quirós e Soutomaior reconstruíra a igrexa. Tamén de estar sepultado por algún tempo, Alonso de Correa e Mendoza. É cando lle fora concedida o título de “Vila”, por Carlos II, no 1.685 a Gabriel de Sarmiento, precisamente no tempo de ser nomeada vila.

¡ Como non me vou a lembrar das ruínas do que fora o pazo dos marqueses, reconstruído para todos !.Alí precisamente tiña miña nai, o rueiro, onde se recollía viño. A Casa dos Avalle, como patróns da igrexa e varios concellos, como o de Fornelos, tiñan aquí seu eido.

Este pazo, do século XVI, ostentaba o escudo de armas é as rosas da Casa de Quirós que fixeron coincidir coa festa da rosa.

Esta terra da miña nai, que na gloria estea, na Xeografía do Reino de Galicia, sinala que xa pasaron moitos anos, é a pesares dos avatares da vida, aínda me lembro baixando por Guizán, camiño de Torroso, da igrexa de Louredo, do século XII.

¡Onde vai que miña nai morreu! tiña seis anos, e na súa honra, ía por aquelas terras visitando os restos arqueolóxicos, o castro de Louredo é o complexo megalítico de Cela. Sempre a pe, para regresar a Vigo no tranvía de O Porriño. Aínda de vello visitei o pazo de San Antoniño do século XIV, de forma rectangular sen valor histórico. Era de Alonso de Lanzós cuxas armas xunto as de Taboada figuraban no escudo. ¡Que rabia me daba, ser un señorito vendo aquela xente famélica e descalza! Aínda hoxe levo no pensamento a vergoña do mal repartido: Uns poucos moito, e outros moitos, nada. ¡Triste vida a que nos tocou vivir!

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.