Aquel paxaro fixo historia na nosa terra de Fornelos, onde a xente le daba un trato especial. De meniño, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, me contaban as xentes o sucedido con dous irmás, cando volvían de pastar o gando é chegaban o eido, cansos de soportar a fame, é para castigala, un lle gritaba o outro, que tamén penaba do mesmo.
Lémbrome de ir indo para a escola pública de Lourido o pe do regato Rivera, había un árbore que reclamaba o vento con gorxa e lamento, o que sucedía naqueles tempos. Precisamente, un dos dous irmás, vira pousado no árbore o moucho, agarrado fortemente coas uñas e ollos pechados, en sinal de descanso.
O mais curioso do moucho, era a crenza da xente do seu canto é da súa voz lúgubre, que con pausas repetía cada noite o pe do cemiterio do Coto de Sa, facendo crer as xentes do lugar, que choraba a ausencia do sol, cando este se puña é saía.
¡Cantas veces non deixei de escoitar o moucho, na miña infancia! ¡Cantas veces! Co toque das campás de San Xoán… ”Cheo de silencios e saloucos daquel moucho, que agudizaba na sombra ata producir certa angustia é desazón”.
A miña aldea foi sempre terra de lendas é mitos que fixeron gala as nosas musas, pasando de xeración en xeración grazas as nosas avoas que nos cativaban, encargados despois de continuar co noso acervo cultural.
Para algúns, o moucho era o enviado dos mortos, para outros, era o seu canto a lembranza dos seres queridos falecidos é para outros a desventura da vida. . .
A miña experiencia foi sempre a observancia desta ave, canto é voz lúgubre, que nas noites de invernía levantaba a súa voz triste, para continuar coa súa historia, aló no cemiterio chupando os osos dos mortos ou o aceite da lámpada da igrexa que tanto lle gustaba.
En fin, esta é unha lenda mais que aquí queda como lembranza daqueles aconteceres de meniño, na miña aldeiña de Fornelos da Ribeira.
O Condado de Salvaterra do Miño é vida. . .