Fornelos da Ribeira recanto máxico

fornelos igrexaNon encontraredes aquí a historia dun pequeno ser humano porque detrás del, existe un ser poeta, escritor, labrego, inventor, aportes solidarios con un sorriso en cada opinión, para lembrar a súa terra nai.

Este que fai hoxe, o 17 de Xaneiro oitenta e cinco anos viu o mundo neste planeta Terra, e neste recanto máxico de Fornelos da Ribeira, escoitando a natureza, creando día a día a vida, no eido da familia Cambra ou Estévez Cambra que monta tanto.

De verdade é que vivín de meniño o lado de animaliños, cans, gatos, porcos, galiñas paxaros con todo o cariño do mundo. Daqueles anos de infancia hoxe me sinto miserables, non indecente, ollando as desgarradoras imaxes que tanto circulan pola televisión e internet coa desesperanza amarga, e a desilusión tan profunda que me costa ver para outro lado. Cada día que pasa, penso que somos uns auténticos egoístas, uns hipócritas, e por riba, facemos gala en cada queixído que emitimos sa diario. Realmente me considero boa persoa, pero quizais non faga o suficiente para ser mellor, e me desespero cando me gustaría evitar o sufrimento de outros; e agora so me quedan as bágoas amargas.

Este mundo é como un saco sen fondo e todos deberíamos de ser responsables coas cousas que o enchemos, baste ver a merda que aparece por todas partes. A diario me chegan miles de imaxes que por non sufrir, non quero ver. Son imaxes que se poden borrar, pero a dor, a fame e a desesperación non desaparecen e a dor tampouco. E aínda sendo unha persoa positiva, que procurou ser, se derruba e volta coas bágoas amargas sabéndose afortunado.

Quixera dedicarme os mais débiles, os meniños, os animaliños, as plantas, que son seres indefensos. Valorar unha micra de vida, sentila, ser conscientes de que ningún rueiro do mundo, non poida ter as mínimas condicións ou o menos parecidas.

Pasaran estas datas do Nadal 2.016 con tódolos opíparos xantares non chegan as nosas mesas tódolos días; é si gozade de todo o que podades, pero non esquezades o que nunca se debe perder: A seguridade do planeta e sobre todo os meniños, que ningún pase fame, porque mentres isto suceda no mundo, non haberá un so rueiro, recanto, como o de Fornelos, para vivir felizmente.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .