Curiosidades. . .

curiosidades cara gato
Algunhas delas teñen relación coas nosas xentes do Condado de Salvaterra e A Paradanta.

1 – A época mais dourada da medicina, fora no século de Clemente Francisco Cambra e Vilas, profesor de Cirurxía; u ouro era o receitario da medicina. As xentes de diñeiro (cartos para nos), “masticaban laminillas de ouro”, engadido nos xantares en forma de po, coma si fora condimentos.

2 – Que morte mais parva. Entre elas, a de Maximiliano de Austria, por unha inxestión de melóns que lle quitou a vida.

3 – O Pancho Villa. Que no 1.878- 1.923 visitaba as súas 5 noivas, no día, segundo Xoán Carlos Caballero, o seu chofer.

4 – Parella difícil de separar. A do sexto presidente da III República francesa, que morreu mentres fornicaba nun prostíbulo de París. Tal fora a cousa que lle tiveron que seccionar o pene.

5 – O invento da tortilla. Din que data do 1.817 por estar datada nun escrito dirixido as Cortes de Navarra, que naqueles tempos os pamplonicas consumían, mesturada con tres ovos, patacas e pan. Parece ser que Tomás de Zumalacárregui (Xeral carlista), a inventara por necesidade: Un prato sinxelo, nutritivo e capaz de saciala fame carlista. Outros como Xavier López Linaje, a sitúan en Villanueva de la Serena no século XVIII etc ¿Cando chegou o noso Condado de Salvaterra? Non se sabe.

6 – A cruza dos dedos. Xesto que evoca unha cruz, conxura a mala sorte e aloxa as malignas influenzas. Se remonta a tempos pagáns. No Condado este xesto aínda se usa.

7 – Pola man diante da boca o bocexar. Na nosa terra, non obedece a gardalas formas, esconder os dentes, ou o desexo de non difundir o virus, senón, a un significado mais profundo: “Se trata de ler o facer a sinal diante da boca, impedir que o demo se introduza no corpo é estableza alí a súa morada”.

8 – Levantarse co pe dereito. Para que non se torza o día. Costume no mundo dos pescadores, quizais por tradición bíblica que corresponde o vieiro do Paraíso. Porque as esquerdas representan o reverso da moeda. De feito, no latín, esquerda é “sinester” que deu orixe o adxectivo sinistro.

9 – Medo as sombras. Porque as nosas xentes de antano buscaban nas sombras a “morte”. Non cabe dúbida que as sombras opaban é aínda ocupan nos nosos eidos relación co corpo.

Corpo e alma determinan a circunstancia de abandonar a envoltura da carne e aloxarse do vieiro a outra vida. Deste xeito o demo tomaba posesión do corpo.

A sombra dos defuntos que había de protexelos de posibles infortunios. No Condado de Salvaterra e A Paradanta, a sombra volvía o corpo do seu dono, e se convertía nun morto ambulante. De aquí, ata non fai moito, de tapar os “barrís con auga”, no tempo da vendima, e construír pontes, . . .

10 – Tocala madeira. Porque en tempos se rendía culto as árbores por consideralos “templos de santidade”. Actualmente, se “toca a madeira” como signo de boa sorte, xa que esta atrapa o espírito do demo e cae o chan.

Por último, “derramala sal”, por riba do ombro esquerdo, non ten outro fin que cegalo demo.

A sal sempre tivo grande poder simbólico; procede da nosa terra, do mar e as bágoas e saliva son salgadas; tamén conserva, condimenta e enriquece os alimentos. Non hai mais.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.