Sen noticias do cangallo

cangallo
Pero ¿Que é o cangallo?

Viume isto a memoria falando do cangallo, cando mais dunha vez preguntei a nosa xente do Condado e A Paradanta, polo seu significado. Mai dun contestoume:

O cangallo é “algo que estorba”, dicía o de Fornelos, “unha porcallada”, me dicía o de A Cañiza; “unha persoa grande”, o de Covelo, “un peixe”, o de As Neves, “unha mala persoa” o de Ponteareas, “algo mal feito”, o de Salceda de Caselas, cando realmente é cada unha das ramificacións dun acio; é tamén, a parte leñosa que queda do acio unha vez espremidas as uvas. ¡É pensar que estamos en terra de viñedos! ¿Que os parece?

A expresión na nosa terra, de que “e un cangallo”, equivale a una persoa alta e de pernas largas que se move con torpeza é lentitude. Pero “cangallo” é unha zona central de Ayacucho, con un clima apracible é festas costumistas como o de “mamacha asunta”, que fai a Cangallo un destino turístico por excelencia. Precisamente, aquí, en Cangallo, teñen por tradición conmemorar feitos guerreiros, é a heroica resistencia do xeral español Xosé Carratalá, quen mandara arar é sementar de sal o pobo. Tamén lin que Cangallo é unha provincia, con presenza xesuítica, para reconciliación do pais.

Sen noticias do Cangallo achegouse a Celeiros:
Cantan os vellos,
o carón da lareira,
houbo unha “cangallo”,
unha bruxa meiga,
Cantan os vellos,
a tomala auga na rúa gaiteira
que cando viñan do monte
tapada coa faldriqueira
finxían tapala filla
que parira aquela xeira. É así:
Contaban que
un día o subila pola barreira
ollara a lúbrica meiga
a cabalo do demo
na súa palleira.
Contaban co crego
esconxurada o cangallo
de ollo birollo
no inferno é piroleiro.

Xa sabedes o que é “ser Cangallo” é “o cangallo”, que no noso eido do Casco había moitos o parecer.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.