Abrindo gabias no Condado

pedra gabias
Contra as pedras dos camiños.

Mulleres, nenos é nenas, desempregados, estudantes, traballadores do campo e da industria, erguédevos contra as pedras dos camiños utilizando as únicas armas o voso alcance:
“Puños é pedras”.

Fai moitos anos que a súa pel era escura, cor que para nada semellaba que fose adquirida na praia, senón, nos traballos do campo, en cal quer campo de tantos rueiros que temos nesta terra do Condado de Salvaterra é A Paradanta. Era unha cor que xa poucos lembran, a cal nunca se ía de todo, vira para quedarse. Anos 1.920. Fora o premio outorgado pola triste e lamentable vida daqueles anos adiante, logo de chegar de traballar as terras ata deixar a cor rousada ou branca con que nacera.

É unha soia lembranza, logo dunha vida chea de momentos é emocións. . . cousas aprendidas: Ler, escribir as sumas é, unha pregunta: Pero, ¿Que somos? Xentes atemorizadas, afastadas como o caracol, a formiga, a mosca. Vivimos nun mundo seco é insensible.

Lémbrome, aló, polos anos 1.945 o zapateiro das Fraguiñas, presumía dun preito no xulgado de Ponteareas é segundo o ía contando el ía alzando a voz para esbardallar de como se tramitaba, é se animaba a usar as verbas de ladrón, contra a xustiza é contra todo.

Segundo el, non había mais que ladróns, el criase honrado é sentíase ofendido e así o facía saber. No xulgado o miraban é el respondía que iso era so, porque non estaba en condición de selo. ¡Quen ía a roubar, meu pobre, naquel obradoiro no que non había mais que zapatos rotos, coitelos, coiro, goma é anilina para igualar as cores!
Hoxe, ou onte, que mais dá. A pelexa é clara por se colocar nun sitio onde se atope prebendas, en especie ou influencias, para despois apropiarse coa excesiva facilidade, e sobre todo, ante a impunidade escandalosa para unha xente que sabe que alguén pode ir a cadea, por subtraer unha barra de pan para comer e que un número considerable de miles de millóns de euros pasan por non ser “delito fiscal”.

O que nos desmoraliza é o desvía é o efecto que un día si é outro tamén, se pase fame é necesidade, sobre todos as criaturas, e quede impune, os que operan, ben situados na vida, e dificilmente resoltos xudicialmente, como exemplaridade.

As xentes observamos a acción da xustiza rápida para os delincuentes de pouca monta. E vense como os de guante branco, saquean as arcas públicas, toman normas legais é presumen da transparencia para tranquilizarnos. Aquí temos as pedras do camiño.

Si, porque dende as noites dos tempos, as pedras estiveron presentes na nosa terra. Si, si, a pedra foi e seguirá sendo motivo da única adoración é culto. Non o esquezamos. Abrindo gabias polo Condado.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.