Alá lonxe, fai tempo…

tempo
Escoitaba de neno na miña aldea, como prólogo a cal quer anécdota pasada.

As tradicións orais era orixe de tódalas culturas, que a unión das familias é amigos abreviaban as distancias. Incluso dos que estaban na América. Por iso invito a compartir o aquel que temos presente, o aquel que foi “alá lonxe, fai tempo”:

Non digas todo o que sabes,
Non fagas todo o que podes,
Non creas todo o que ves,
Non gastes todo o que tes,
PORQUE,
O que dis, todo se sabe,
O que fas, todo se pode,
O que cres, todo se ve,
O que gasta todo o que ten,
MOITAS VECES,
Di o que non con ven,
Fai o que non se debe,
Gasta o que non se pode.

Hai unha anécdota do Manolo de Churreiras, en As Fraguiñas onde tiña a “tenda”, cando montara a “taberna”. Alá lonxe, fai tempo, porque os “campusinos”, como lle chamaban, viñan a ela, é pedían “ un tinto”, que tomaban dun trago antes de irse.

Entón o Manolo, mercara unha pipa de 200 litros de viño tinto. Cando a muller lle di : Pero home, ¿A onde vas con tanta cantidade? ¿Cando vas a vender todo ese viño? respondeu:

    – Se non o vendo o bebo eu.

Alá lonxe, fai anos, me contaran que en Santa Marta de Ribarteme do Concello de As Neves, houbo unha tal María, onde o costado da casa, tiña un xardín; é cada fin de semana ía o cemiterio e deixaba un ramo de flores na tumba dos seres queridos ´E así foi facendo ata que as pernas non lle permitían andar. Logo pasou para os fillos. É cando chegou o día da viaxe moito mais lonxe, descansou, onde ela levaba lembranzas de amor, ademais do seu floral. Descanse en paz.

Alá lonxe, fai tempo, uns rapaces roubaran un cigarro é o foran a fumar a escondidas. Naqueles tempos, as mulleres non fumaban é algunhas o facían a escondidas do home que non lles permitía fumar. . .

Pasaban polo eido dúas veciñas exclamando: ¡¡O mundo está perdido, os nenos fumando!!

A consecuencia foi o “vómito” que algún deles contou procedente de haber fumado.

Alá lonxe, fai tempo, tamén, quedaron os Araúxo e Puga da Fontenla, Carme e Rita Estévez Araúxo, entroncados coa miña familia. Antón María Araúxo ´Puga de San Simón de Lira é Xaquín Araúxo é Puga, señor do pazo da Mámoa en Tortoreos, hoxe pazo da Mercé, con Isabel de Oia Benavides de Tortoreos é Isabel Fernández Cerqueira de Pesqueiras.

Tamén encontramos a Rosa Vázquez paseando mentalmente por Lourido, é xogando as cartas no adro da igrexa de San Andrés, Bernardo Antonio Vázquez é Josefa Suárez de Puga, veciños todos eles polos anos 1.827 – 1.851 ¡Cantos nomes sen descubrir! ¿Onde está a descendencia?

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .