Fornelos da Ribeira: Calidade de Vida

Rio Tea Fornelos da Ribeira Calidade de Vida
Actualmente conxuga dous factores importantes hoxe en día.

É dicir: Ten un amplo desenrolo industrial na Comarca, coa Plísan, en Salvaterra do Miño, Ponteareas é Vigo que xeraron un rápido asentamento de postos de traballo: pola outra banda, un máxico respecto por unha fermosa vida tradicional en harmonía co entorno.

Fornelos da Ribeira que nalgún tempo fora concello, é hoxe unha parroquia con forte identidade. Basta ver as súas actividades durante o ano. É destaca, polo feito de beneficiar en grande maneira as súas propias xentes, pola mellora da calidade de vida.

Fornelos configurada como parroquia, ofrece moitas é variadas alternativas, non so por pertencer o Condado de Salvaterra do Miño é A Paradanta, que permite posibilidades económicas, senón, tamén por estar ligada a NATUREZA é enclavada na ribeira do Tea da que recibe o nome, pola proximidade o pai Miño.

As posibilidades son innumerables, pesca no río Tea, sendeirismo polos rueiros, é outras atraccións que durante o ano, ofrecen as asociacións culturais e deportivas. Ademais, Fornelos da Ribeira ofrece, un repertorio de festividades é actividade lúdicas case que todo o ano. Obviamente, a proximidade a Ponteareas é Vigo, xeran unha nova é variada oferta lúdica con importantes veladas.

Por outra banda, como non podería ser menos, a oferta gastronómica ten súa importancia, por exemplo, na Carne o Caldeiro, onde cada ano se pode degustar todo tipo de pratos tradicionais da terra.

Fornelos da Ribeira, e unha parroquia por descubrir; as súas posibilidades naturais, a súa boa comunicación son puntos básicos para aproveitar é gozar dunha localidade inmersa no contacto coa vida natural.

Eu loxicamente, invito a todos aqueles que o desexen, visitar Fornelos, a miña terra, con historia, coa variopinta mostra da Galicia interior, subida o tren do progreso sempre, é na que se conxuga o rural co urbano, a paisaxe co equilibrio harmónico.

Neste viaxe por a nosa aldea de Fornelos, coñeceredes un pouco mais as costumes, as celebracións, é o carácter dos veciños, empezando por percorrer os rueiros de: Abelán, caracterizado por unha circunstancia especial; Carrascal, O Casco, enclavado nun punto privilexiado. Cima de Vila, con sendas rotas para esta actividade nun paraxe puro é ecolóxico para os amantes do senderismo. O Bulleiro, quizais o mais rural é histórico. Costa, é como aquel que dicía “é o noso tesouro do viño é o noso eido na taberna”. A Cruz, ligada a historia é cruce de camiños. Enxembre, para gozar aínda, da vida natural, Fraga, axudará a coñecer un pouco mais as costumes é o carácter dos seus veciños. As Fraguiñas, centro neurálxico, goza de todo tipo coa súa dilatada experiencia tradicional dun pasado, presente e futuro. Goinde, das históricas loitas polas vendas territoriais é tranquilidade natural, Martín, residencia señorial dos Brey con monte, natureza e río Tea; Oural, coa súa potencia futbolística, “Progresistas”, honor e honra da terra. Pedrapiñeira, coa súa historia- Rañe, co seu val de maínzos e viñedos xunto o río Tea. Rebaido ¡Válgame deus! Saa, coa desaparecida capela de Santo Tomás é Xesteira, xa o di o nome: Terra de xestas.

Fornelos da Ribeira, non dá para mais, pero ofrece o longo dos que a visiten, unha verdadeira estadía e unha boa oferta de locais onde se pode degustar distintos estilos culinarios é mesturar carnes con peixes e verduras da horta, regado sempre cos mellores viños da terra.

Fornelos da Ribeira, ben comunicado é con amplas zonas de monte e natureza os invita para facer senderismo, andar en bicicleta, asistir o fútbol co Progresista, pescar no río, iso si con permiso, é esperar algunha troita. ¡Benvidos sempre!

4 thoughts on “Fornelos da Ribeira: Calidade de Vida

  1. has ,realizado un comentario que ciertamente dice:lo mucho que quieres a esta tierra y gracias por hacer llegar ese sentimiento.y mi más grande disculpas por no saber falar a lingua da nosa Terra.

    1. Hola, amigo: Gracias por tu aliento hacia nuestra tierra que, aun cuando soy del Planeta Tierra, me siento feliz en ella. Me gusta el castellano ¡Gran idioma! que amo como el gallego, en el que me expreso. Na miña casa falar galego, era das xentes da aldea, e eu, rebelde o falaba. Agora que non está prohibido o falo. Xa o entenderas. Un abrazo, Manuel.

    1. Hola amigo: Perdoa o retraso. Agradezo o desexo de coñecerme. En Vigo me tes para o que queiras, dicíndome dia, hora e lugar. Con moito gusto. Abrazo, Manuel

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.