Si, porque hai que volver a natureza.
Todo O Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, son rueiros de felicidade, porque existen tantos, como xentes o foron imaxinando. Así de claro. O paraíso é moitas veces, rueiro xeográfico que forma parte dos sonos, das lembranzas de moitas xentes. A memoria sitúa as vivencias como estado mais próximo o que supoñemos: O paraíso. Porque os sonos son libres, crean os paraísos é os rueiros son onde respiramos para alcanzar un día a felicidade.
A miña teima, lévame sempre o paraíso pasado, concretado o longo da historia en fértiles xardíns onde vivir sen esforzo, sen culpa. Algúns dos nosos irmás emigrados na América, encontraron alí o paraíso, outros, nas Illas Canarias ou na Polinesia. Algúns buscaron debaixo das pedras, porque a forza de ser rigoroso, a historia debe contar os feitos: Os sonos das xentes, as imaxes, que estremecen os corazóns é mobilizan as enerxías. Os paraísos do Condado e A Paradanta, está na cultura, na re invención da maneira de ser de cada quen, é eu, na miña maneira de ser. ¡Home! Non seria difícil inventariar as figuras que deron nome, en tódolos tempos. Hai moitos paraísos terrais como paraísos celestes, laicos, relixiosos, naturais e artificiais, interiores é exteriores ancorados nun pasado. Tamén un imaxinario paraíso perdido é ¡Porque non! a “ terra prometida”. Neste século XXI, os paraísos políticos tamén, ou ¿Non?
A historia que permanece na actualidade, é unha crónica dun sono secular, no que o paraíso, nun principio fora un xardín. Verba persa, “paradeiza”,orixe do noso vocábulo: horta frondosa con moita auga. ¡Non me diredes que todo O Condado e A Paradanta, non reúne as condicións!
O Xardín do Edén, na Biblia, as Illas Canarias é os “Campos Elisios” na mitoloxía grega, eran rueiros fértiles onde a natureza abolía a súa acostumada hostilidade, é proporcionaba toda clase de parabéns.
“O cordeiro pacerá xunto o león”, o profetizaba Isaías, é a árbore xigante producirá dourados froitos para satisfacer as necesidades. En fin, o paraíso é un xardín que produce sen exixir esforzo algún. Na Idade Media, nos que os cristiáns crían era o “paraíso terreal”, como a morada de Adán e Eva, clausurado polo “pecado”. Aquela fe medieval se concretaba cunha cartografía do paraíso, que andaba repartida polos atlas antigos. Cos anos, acabou co Anxo flamígero. (1). Aquel rueiro real, marabilloso e sen acceso, no século XII, era o “reino do preste Xoán”, cuxa lenda durou moitos anos. Estaba na Etiopía.
Os que viaxan é viaxen O Condado de Salvaterra e A Paradanta, poden converterse en descubridores destes paraísos. En cada rueiro hai un.
Cando no século XIV, Giovanni Marignolli, crego florentino, chegara a Ceilán situaba alí o paraíso, sobre unha montaña que aparecía é desaparecía pola néboa. O mito das Illas Afortunadas na Canarias, na que o santo Isidoro de Sevilla soñaba no seu escritorio, é os cartógrafos cataláns dicían delas que daban leite e mel, moi frecuentes nos paraísos da “xerga”. Os pagáns da India, crían despois da morte, que as súas almas ían as illas para gozar eternamente dos perfumes e froitos.
Penso eu, que crer, que ese é o seu paraíso, tal vez, pero a dicir verdade, se trata dunha fábula.
No século XVIII, Rousseau, coa paciencia de botánico, convencera a media Europa, de que o ser humano era perfecto en estado natural, é que a sociedade (as xentes), a corrupción. Porque a sociedade (as xentes), son o ante paraíso.O estamos vendo hoxe en día.
Hai que volver a natureza é unha vez mais a historia do mais alá, alimentando os mitos.
Nas lonxe terras, había liberdade inimaxinables na corchete Europa, é nese conmovedor traballo de invención, resurxe, os emblemas que veño narrando da liberdade. Unha, concretada na América, onde se unía a fecundidade da terra coa euforia da liberdade. Os nosos irmáns emigrantes se sentiron a salvo das persecucións relixiosas de entón; habían chegado o xardín do edén. O menos para algúns. A outra era a liberdade sexual, reconciliada coa natureza: Polinesia.
A partir do 1.768, data da expedición de Bouganville a Tahití, floreceron as bouganvilas. Neste paraíso a “culpa” estaba abolida. E a liberdade aparece como unha nova calidade do paraíso.
Século é medio despois, Paul Gauguin, pintou é con Margaret Mead, colaborou no mito co libro “Adolescencia, sexo é cultura en Samoa”, para todos os intoxicados de moral.
Eu, penso as veces, que si os nosos primeiros pais Adán e Eva ían espidos, e non sentían vergoña, ¿Que pasou entón, co prohibido, prohibir?
Albert Camus, coa súa nostalxia do Sol, e das praias, de Arxélia, falaba da volta a natureza. O menos o xeográfico Sol, mar, os corpos dourados, ocio e liberdade é o que hoxe se move co desexo. É como a nostalxia do paraíso continua porque estamos feitos de materia de en sonos, tal vez, debamos escoitar outras voces sabias , de lonxe : “Unha flor se abre baixo o rocío, un paxaro atravesa o ar, escoito o rumor da auga xunto o río, e a voz da miña amada”.
He aquí o paraíso, en cal quer rueiro da Cañiza ou Arbo, do Covelo ou Mondariz, de Salceda ou Ponteareas. É porque ¡non! Na miña aldea de Fornelos da Ribeira sempre predisposta a todo.
(1) Flamígeo, que despide fogo ou imita. No século XV caracterizado pola decoración con curvas e contra curvas parecidas a lingua de fogo.