Sempre irmás, a través dos relatos, investigacións e análise, dando espazo as voces e olladas perdidas das dúas beiras que as une.
Quero dar as dúas beiras a verba das xentes, da súa historia, da súa imaxe é contalas súas vivencias. Todo un espazo para construír e fortalecer as nosas vidas conxuntamente, hoxe que se pode, irmandar a convivencia entre os pobos que nunca deberan separarse. Polo tanto, falaremos da nosa irmá Vila de Monção (Fronte a súa irmá Salvaterra do Miño), situada esta no distrito de Viana do Castelo, da rexión do Norte, con uns 20.000 habitantes e 33 freguesías nada menos.
A Historia de Monçao, nace o 12 de Marzo do 1.261, con o Foro de Afonso III, e que fora célebre nas Guerras Fernandiñas. Nesta vila de Monção, vivira a escritora galega Amparo Alvajar.
¡Cantas veces pasei por estas terras de mozo! ¡Cantas! Tamén o pazo da Brexoeira, o balneario termal, separado polo río Miño, que invito a visitar para pasear, xantar, camiñar xunto o río, como non ai moito tempo fixen eu, acompañando a familiares da Arxentina.
O Castelo de Monção, fortaleza, como as murallas deseñadas por Michel de L´ecole, no século XVII, coas súas portas, a do Rosal fronte a Salvaterra e Caldelas; baluartes, etc. Importante é o Museo do Albariño, cruzando o río se pode visitar. Lémbrome do exquisito bacallau e cordeiro, acompañados dun albariño excelente. É por si non fora pouco, a panorámica do río, as rutas de sendeirismo polas igrexas preromanas, mozárabes é románicas que nos identifican coa Idade Media, convivindo en común con nós.
Debo dicir e digo que as igrexas románicas teñen unha relación profunda co seus rueiros, polo que a elección non foi arbitraria no seu tempo. Teñen un grande impacto na paisaxe.
Isto vai para os meus irmas da outra beira do río, que tanto me len neste espazo. Grazas, amigos é ata outra.