O río Tea por Fornelos

Fornelos Da Ribeira
Despois de tanto tempo lonxe do río Tea, que sendo mozo explorei, o dilema é: ¿Temos de difundir o nome, e o emprazamento de Fornelos que toma o nome de “Ribeira”, si é único? É dicir: “Case que sempre marabilloso e único, que as xentes do lugar non lle dan importancia, pero en nos e outros mais, esperta interese, polos rueiros, pazos e, eidos labregos que puideron vivir a través do tempo.

Non son o único de lembrarme do río Tea da sobre colledora beleza. Hai algúns mais.

Este afluente do pai Miño, con uns 50 quilómetros de percorrido atravesa a Comarca do Condado, incluído no espazo de “Interese Comunitario 2.001”.

Nado na Serra do Suido, a uns 900 metros do límite co Faro de Avión, baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra do Miño cubrindo 411 quilómetros cadrados de superficie, enxaulado inicialmente, se abre o chegar a Mondariz para logo atravesar Ponteareas e Salvaterra. Cabe destacar o río Alén pola dereita, o Uma pola esquerda, e os afluentes O Caraño, que nace entre as rochas, Aranda e Redonda, pasando por Piñeiro é Barciademera. O Sabriña, que nace en Fontefría e desemboca en Mondariz.

En canto a fauna destaca o salmón, a lamprea, troita e anguía.

Como praias fluviais a da Freixa, San Roque, A Moscadeira; é nas Partidas en Moreira e Nogueira, pasando por Fornelos da Ribeira, con todo o seu encanto para tributar en Salvaterra, ollando a Portugal de fronte, formando terrazas fluviais onde se cultiva o albariño e brancos da Comarca do Tea.

Eu, amigos, observando os vales profundos, as cores, os cruceiros e as fontes da vida, así como a desembocadura do Alén, venme a mente aqueles camiños de sendeirismo ente pelouros, ponte romana, como reclamo turístico que unido os bosques de ribeira, permiten ser destacados xuntamente coas pesqueiras da lamprea. É debo dicir que é un dos ríos mellor conservados grazas a Asociación Lazoiro, de Salvaterra, que coida das súas augas, ano tras ano; é así, este río Tea é o Concello de Covelo formado polas súas 14 parroquias cos seus vales profundos da vida vexetal e animal, dan paraxes rudos na serra do Suido, que contrasta coa fecundidade dos vales e bosques que se resisten a desaparición do lobo, coa dozura espléndida da chaira da comarca.

Fragas do Tea, bosques de carballos, castaños e outras caducifolias autóctonas conservando o patrimonio cultural, onde se pode contemplar fermosísimas panorámicas de A Cañiza.

Os invito a todos a este paraxe descoñecido para algúns, marcado pola historia que a Asociación Lazoiro, ven facendo da limpeza, como exemplo, no coidado do Medio Ambiente dende a súa desembocadura.

A vista de paxaro o val do Tea, en Fornelos da Ribeira, aparecen os distintos verdes das árbores, que acompañando os viñedos e o cultivo do millo, dan un especial feitizo a ribeira.

Polo ano 1.945 cando era mozo, aquel paraxe frondoso onde o rueiro de Rañe de Abaixo ata Martín, era o segredo do reiseñor, do merlo e outros paxariños, escoitando o rumor do río, o silencio do val, e o tempo e os anos…
O dilema é pois o mesmo. É si por tesouro o temos, estará tamén, para gozar dos seus recunchos nesta terra infinda, coidalo. ¡Que así sexa!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.