As tertulias de café no Goya

<![CDATA[tertulia cafe pombo
Con Celso Emilio Ferreiro, Crespo, Xesús Cabezón,algúns mais que xa non me lembro, mais eu.

¿De onde ven a vella costume das tertulias de café? Si ben xa se ven perdendo, a sobremesa era unha desas costumes que melloraba a experiencia “cafeteira”, que habería que mantela é cultivala. Xa o comentara Xulián Marías, que era un lugar onde se xuntaban as mulleres a encher os cántaros e de paso armaban a tertulia, onde as novidades do pobo é arredores, eran amea mente comentadas.

Pois ben, un dos temas que mantíñamos naquelas tertulias de café, co amigo Celso Emilio é Xesús Cabezón, Crespo, Xaquín, un policía secreto, algún mais, e eu, eran temas de política social.

Evidentemente, en isto Celso Emilio era a guía que reflexionaba, preguntaba, provocaba afirmaba e dubidaba… tratando de involucrarnos no seu xiro de ideas, que as veces lograba é outras non.

O que mais é o que menos se manifestaba ate a problemática existente era Xesús Cabezón, que co seu persoal whisky, se asfixiaba, cando Celso Emilio levaba na súa voz a provocación.

A verdade era que naqueles tempos da “tertulia de Café no Goya”, se falaba de asuntos que non tiñan moito que ver coa realidade de aqueles tempos. Lémbrome de como un día Crespo, chega a mesa con un entusiasmo que se lle notaba ata nos poros da pel. Era precisamente o lanzamento dunhas “oitavillas” acompañando a folga do metal. No fondo, se percibía levar as cousas, superando trampas, que puideran xorder do contacto coas CC.OO.

Se apostaba entón, pola intelixencia, descoidando outros aspectos igualmente importantes para o home traballador, a fuxir do mundanal ruído, para elevarse na poesía que Celso Emilio encontraba na súa máxima expresión.

Naqueles pasados tempos, tanto falábamos dos que se refuxiaban nas devocións populares, na busca da “salvación segura e barata”, como nos que aspiraban nun país que sente e quere vivir doutra maneira.

Aquelas” tertulias de Café no Goya”, producían cultura; tamén se falaba de poesía, de teatro, das artes plásticas, e das distintas expresións literarias. No conxunto das políticas socio económicas…

Aquí estaba, simplemente, o noso papel:

Pretender converter o corazón, porque cambiándoo, se podería cambiar a sociedade. É mais dun desgusto nos deu, aquelas “tertulias de café”; pero aprendemos a escoitar e a falar, compartindo opinións é inquedanzas.

Daquelas “tertulias de café” activas, se pasaba a actitudes pasivas. Non tiñamos maneira de ver as cousas; queríamos sacalo pobo da situación. Entón, vivíamos nunha sociedade en continuos perigos e tentacións, para non sucumbir, pero non contábamos nas “tertulias” co apoio da xente loitando por un mesmo ideal.

Aínda hoxe me lembro de Xaquín cando nos dicía: “Mirádevos o espello é veredes que estades mais augados que unha xelatina recen posta na tixola”. Así era. Así foi. A policía gobernativa, liquidouna: Crespo e Cabezón o cárcere. Eu estaba fora de Galicia, no País Vasco. A actitude extremadamente severa, segundo algúns fanática, rachou as “tertulias”.

Non era mais que o medo, o medo que lle impedía pensar a policía naquela época ditatorial, que había ideas novas é maneiras de resolvelos problemas que acougaba o país, que non tiñan o monopolio nin a exclusividade para manter o país en tal situación.

Aquí estaba todo o miolo das “tertulias de Café Goya” é seus contertulios.