Esta nosa xuventude

<![CDATA[xuventude
Un análise do seu compartir nestes tempos mal nacidos.

Esta nosa xuventude que nunca escribiu “contratos económicos” con ningún pais; esta xuventude que nunca foi a guerra, aínda que houbo tempos atrás na que foron enviados a ela. Esta xuventude, que nunca baleirou banco algún, que non traballou cos medios de comunicación nas campañas preelectorais, nunca propuxeron destitucións, nunca participaron la venda de vivendas sociais, non adxudicaron impunidades nin enganaron nin destruíron familias. Esta xuventude, que so soña en saír a rúa, observando inxenuamente como nos os maiores, (políticos), armamos é desarmamos a sociedade, pregunto: ¿É isto o fel reflexo da nosa vida familiar? ¿É este o espello do que puido ser é non foi? ¿Non será que o o-co da nosa xuventude é o que nos non soubemos encher?

Televisión na mesa, na sala, na cociña no wc; fútbol tódolos días, traballo (o que o teña), para vivir en miseria, móbiles os que queiras, conversacións é interrupcións entre xuventude e nós (políticos).

É digo eu, non facer desquite do que non fomos, non facer unha extensión “dos nosos sonos rotos” non facer amnistía dos nosos desacertos…

A xuventude de hoxe son os valores do futuro, dependen dos nosos valores presentes.

É digo eu que, non facer desquite do que non fomos, non facer unha extensión dos nosos soños rotos, non facer amnistía dos nosos desacertos…(repito).

Hoxe estamos a tempo de prevenir as inxestas de alcohol, de drogas, de sacar os operativos as rúas, de reclamar,- unha vez mais-, os nosos dereitos perdidos, para que non sexa un “problema social”. Vexamos como un reflexo de todo o que fixemos mal,(políticos tamén), recoñecelo e evidenciar os esforzos dalgúns, esixindo o cumprimento do Estado dos dereitos conseguidos, moitas veces non aterrados no terreo da realidade.

Se fala moito, da educación, da sanidade, dos dereitos dos traballadores en tempos da globalización económica, dos avances tecnolóxicos é demais herbas, pero a realidade é outra.

A ver si esta xuventude unida en irmandade en fe i esperanza, coa bandeira branca é limpa aposta polo presente e futuro, recuperando os Dereitos Perdidos. Polo menos iso.