Fornelos, miña aldea

<![CDATA[fornelos da ribeira igrexa
Da miña aldea de Fornelos da Ribeira, e a súa cor, as lembranzas, os sabores, o futuro, os vieiros, as cepas, o millo, os nomes, os amigos e as romarías.

Fornelos da Ribeira é para min, a lembranza de meniño, da terra que amas, e porque non, tamén, da que odias. E para min, tamén, o día e a noite, o atardecer, os rueiros, camiños e o río Tea. E a terra onde fun nado, e tiven a percepción da vida e da dor.

Fornelos da Ribeira e para min, a terra dos felices seráns, a terra da familia e dos amigos. E a terra dos paxariños de feltro que recortaba a miña avoa, nas tardes de inverno, no eido do Casco.

Fornelos da Ribeira e a miña terra, onde aterraba de mozo para seguir vivindo as dúas vidas ou quizais mais ata chegar os 86 anos, de momento.

A miña aldea de Fornelos, son as romarías e festas, soñando nunha aldea inmensa, con unha xente incrible, na que en cada noite, a miña madriña Alfonsa, rozaba a súa faciana para axudarme a durmir de meniño. Fornelos da Ribeira, e para min, aquela terra que imaxinaba de neno, na busca do deus inexistente. Fornelos da Ribeira, e a miña nai, naquelas tardes de inverno, do magosto, das penas e sentimentos que de verdade vale a pena.

A miña aldea de Fornelos da Ribeira e, o grito de liberdade, e tamén do desencanto, para os que non saben amar a terra nai.

A miña aldea, e a vida que sen querelo levoume a maior das miñas lembranzas. Porque o amar non ten prezo e os que me ensinaron que o que se ama non ten prezo, termina en verdade, no desexo que sentimos vivos, a pesar de que as veces falten as ganas e sobren motivos para fuxir.

A miña aldea de Fornelos es Ti.