En beneficio mutuo

berbés vigo
De paseo pola cidade fermosa que é Vigo, se pode ver escenas de meniños xogando nos parques…

Os adultos, en idade laboral no traballo e os parados nas cafeterías tomando café; os xubilados xogando nos parques, e me pregunto: ¿De verdade, viven moitas persoas en sociedade, ou mais ben, cada unha no seu “caixón”, contiguo a os demais?

Estou convencido que a idade segue sendo un motivo de discriminación aínda que un recoñeza e sexa moi útil. Cada vez vexo mais multitude de programas que relacionan as persoas de mais idade coas outras xeracións, é penso, que a clave é crear unha sociedade para tódalas idades, e os programas unha ferramenta para reconstruíla.

Agora ben, a falta de contacto pode provocar un aumento de percepcións mutuas negativas. Agora que chega o verán, vexo campamentos, grupos de xubilados facendo de titores escolares; outros que explican contos, outros que coidan netos,. . . Hoxe hai programas de maiores activos, voluntarios, é a idade segue sendo un motivo de discriminación aínda que sexa útil e clave na sociedade para tódalas idades.

As actividades conxuntas chego a recoñecer, entre vellos e xuventude, ser útiles e responsables, dende o cultivo das “hortas comunitarias” da cidade ata os talleres, festas de compre anos, de meniños, xubilados e espazos de confort amables, nas aldeas os furanchos e tabernas como realidade socio cultural.

Ben quería eu, para a miña parroquia de San Xoán de Fornelos da Ribeira, un programa de “Vivir e Convivir” aínda mais amplo que o de hoxe en día, que unan os veciños de mais idade coa xuventude, unha biblioteca que os aproxime a cultura.

Xa me gustaría a min, ver os vellos e avós escoitando os meniños como algo positivo. Xa me gustaría a min, ver a miña aldea, como se desenrola con sentido de comunidade, revitalizando os espazos dos rueiros en actividades lúdicas, para ben de todos.

Xa me gustaría a min, ver rachando as barreiras que ata agora non deixaron desenrolar os valores das nosas pobres xentes.¡ Xa me gustaría a min velo! Xa.