Dentro do mundo da relixiosidade popular, ten especial interese o complexo mundo da lenda, das aparicións de imaxes naqueles tempos.
Precisamente naqueles tempos de “María castaña”, xorde unha serie de relatos etiolóxicos que, a nivel sociolóxico posen, para as nosas xentes, un enorme significado.
Son, por suposto, historias piadosas, alleas o dogma relixioso, pero supoñen unha reafirmación identitaria. En si, o que se pretende demostrar coa lenda e que foi elixida por Deus, a Virxe ou santo, para quedarse aquí. Para as nosas xentes, estas lendas se acostuman a transmitirse de forma oral. Ese boca a boca con matices diferentes engrandecendo o relato; a lenda se nutre da propia lenda. Así, conta a lenda da Virxe da Nosa Señora das Dores, en Fornelos da Ribeira, antes Virxe das Angustias, na igrexa que entón había por fora da Casa Forte dos Soutomaior, coa presenza do Beneficiario xunto co sancristán “Xaravito”, que el había sido testemuña da sanación dun tolleito e coxo, librado dunha caída perigosa.
“Xaravito” cita aos mordomos do Confrades da Virxe das Angustias, que existía unha imaxe anterior a actual. E conta como dous cabaleiros da familia Tábora, con escudo na actual Igrexa de San Xoán, se presentaran dicindo ser confrades deixando a imaxe e se marcharan. Os confrades, tempos despois, quixeron agradecerlles o “regalo”, e se puxeron en contacto cos Tábora, e a sorpresa foi que non coñecían os tais cabaleiros nin que houberan regalado a imaxe a parroquia.
A lenda narra tamén que o “Xaravito” caera enfermo e realizara unha novena a Nosa Señora das Dores, e curárase.
Outro dos milagres con nome e apelidos fora o sucedido a o fillo de Clemente Francisco Cambra, no rueiro de O Casco, Ricardo Cambra e Rivas, que polo ano de 1.880 e un de novembro do 1.881 era presbítero ecónomo de San Lourenzo de Salvaterra, e o 12 de decembro do 1.881 nomeado ecónomo de San Mateo de Oliveira, quen de neno, estando na fiestra do fogar, caera o chan e se cravara con parte da mesma fiestra. A nai, Rosa Rivas Argüelles, ao velo desachumbado, implorou a Virxe, e cando pensaba encontralo morto, non tiña ferida algunha.
Fala o tal “Xaravito” dos milagres atribuídos a Nosa Señora das Angustias na antiga igrexa, cando un mozo da familia dos Cobas, subido na tapia dunha horta caera o chan e fora salvado pola propia Virxe, sen rabuño algún. E así seguía contando lendas e milagres.
Nestas testemuñas se ve a devoción e fervor que se ten a imaxe, dende que se ten conciencia, isto é, dende moito antes, en anos atrás, que vai a dar coa “obxectividade histórica”.
Debe estar conectado para enviar un comentario.