Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez

Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez
Loitadoras pola liberdade.

Daquelas irmás que vivían nun peculiar casino, na que se xogaba a cartos, se bailaba e tamén na posguerra, se daba de comer e se ofrecía roupa a xente que se vía obrigada a “escaparse” para non perder a vida…

Estas tres mulleres rexentaban ademais, un quiosco e a cantina da estación do tren de Ribadavia, estando o tanto da xente ”clandestina”, acaecida tras a guerra civil, sendo zulo a cantina. Mellor dito: O escondite para gardar Café Sical do contrabando, e refuxio para escapar das xentes republicanas, represaliadas polo franquismo.

Elas levaban comida os presos encarcerados, e dende a cantina da estación, axudaban os presos que eran levados a cadea de Vigo, como os soldados que partían en vagóns o fronte. Elas foron encadeadas durante a guerra civil, por socorrer os presos.

Todo empezaba coa chegada do tren, na súa cesta chea de rosquillas, caramelos e doces nas mans, as ofrecía dende o andén. Entón, sempre se encontraba con alguén que lle anunciaba “algún fuxitivo”. Lola auxiliaba a todos, na casa con aloxamento e complicidade coas irmás. E no silencio da noite, se consumaban as fugas.

Unha mañanciña do ano 1.941, Lola falou con Francisco Estévez, e preguntoulle: ¿Cando vas a pescar? Porque necesito un favor para que me pases un “fuxitivo” a Portugal. Entón axentes da Gestapo, andaban polos arredores de Ribadavia buscando “escapados”…

Esa mesma madrugada, as catro horas, Francisco e Ramón Estévez acudiron a casa de Lola coas canas de pescar, e lle deron unha o “home” dicíndolle non fales, e se dirixiron o río Miño pola noite.

Ninguén sospeita que os pescadores saían de noite na busca do sustento para matala fame, pero por si acaso, Francisco quedouse un chisco atrás, mentres o fillo e o “home” aceleraron o paso. Tras 40 quilómetros, chegaron a Frieira, no Concello de As Neves, linde con Portugal.

Ramón: “Te lembrarei toda a vida” alcanzando a beira portuguesa, le dixo un “fuxitivo”.

No mosteiro de Melón, tamén Xesús Domínguez Cambra, cura abade da parroquia, asistiu o drama da persecución republicana co seu primo Xosé María Alonso Cambra de Vigo. Ambos axudaron solidariamente as vítimas do franquismo conxuntamente co seu outro irmá Santiago en Portugal, encargado de embarcalos para América. Entre eles o médico de Mondariz e Covelo.

De Lola Touza, a mais fermosa das irmás, se sabía que circulaba unha imaxe súa, ilustrando unha estampa no ano 1.936 para animar as tropas. Era unha nai solteira, pero o que ninguén sospeitaba e que está popular muller da cantina, valía moito mais polo que calaba.

Todos eran levados a fronteira portuguesa e no veciño pais, embarcaban para América. Uns e outros tiñan colaboradores ata a morte: Ricardo Pérez Parada, Ramón e Francisco Estévez, e algún mais que xa non me lembro.

E n mais dunha ocasión relembrei aqueles sendeiros para cruzalo río Miño, onde actuaban os cómplices, aqueles heroes anónimos que xa ninguén se lembra deles, pero existiron.

Lola, extremadamente xenerosa, Xesús Domínguez Cambra, abade de Melón, que fixo unha habitación na cuadra do porco, para atendelos “perseguidos” polas súas ideoloxías republicana; Xosé María, cos seus contactos e co seu irmá en Portugal, pagaron esta boa obra, na cárcere penal de Oseira en Ourense, ata ser liberados moitos anos despois.

O 7 de Setembro do 2.005, Lola, Amparo e Xulia, no seu Ribadavia natal, recibiron un emotivo homenaxe e o seu recoñecemento a súa labor desinteresada. Ben merecido o teñen, polo seu verdadeiro amor que non foi outra cousa que o desexo inevitable de axudar os demais, para que se saiba quen son, e viven espallados pola América Latina.