Buscando no Rexistro Nacional da República Arxentina, do ano 1.898 encontrei un Decreto aceptando a renuncia do escriban da Mariña de Bahía Blanca, Rogelio Estévez Cambra, que di: Departamento de Xustiza, Bos Aires, 31 de Maio do 1.898, de acordo co informado pola Suprema Corte da Xustiza Federal, o Presidente da República decreta: Art.1º. Acéptese a renuncia presentada polo escriban Rogelio Estévez Cambra, do cargo de Rexente da Escribanía da Mariña de Bahía Blanca.
Art.2º. Líbrese Oficio a Ministerio da Mariña a fin de que se dispoña que o Sub-Prefecto, de Bahía Blanca, reciba os protocolos e existencias da Escribanía expresada, que deberá entregarlle baixo inventario o remitente e os conserve en depósito ata que se designe novo Rexente.
Art.3º. Comuníquese, publíquese no Boletín Oficial e dese o Rexistro Nacional, previa anotación na Estadística. (Exp.3,E,1898). Asinado. Uriburu e Luis Belaústegui.
Tamén da Historia da Unión Vasca de Bahía Blanca, recollín un avance do crecemento vasco, fundando a Sociedade Unión Vasca de Socorros Mutuos, o 21 de Marzal de 1.908.
A sociedade merca uns terreos entre as rúas Villarino e Brown, polo que pagaron 1,800 pesos ante o escriban Rogelio Estévez Cambra, e se iniciou a concreción do edificio que logo albergaría a antiga Escola Normal Superior.
• 18 de Xaneiro de 1.914 deron por concluída a obra, ofrecéndose un asado os obreiros e quedando para o 8 do Marzal a inauguración.
O diario a Nova Provincia, diría: “Será un acto simpático e de grato contido para esa progresista institución a que concorrerán as autoridades locais invitadas especialmente”.
A Sociedade mantiña unha débeda hipotecaria e so había conseguido un préstamo de 12.000 pesos a tres anos cun interese do 10% anual. A prestamista foi Basa García Barbón, viúva, de Manuel Solís, e representada por o doutor Tuñon.
Así chegaron a Bahía Blanca estes homes que se foron movendo con avidez encontrando o crisol que os agrupe ,sobre todo a xuventude. Porque inculcan valores que cimentan a vida futura, a xustiza, a liberdade, a democracia e o respecto pola cultura xeral, conscientes dos valores, sentimentos e costumes que definen “o ser vasco”.
Eu me honro de haber vivido entre eles, en Donostia, sentirme feliz como na propia casa, pensando que “tanto os vascos coma os galegos, somos nados e crecemos, cada un coa súa lingua. Sufrimos os ataques do latín e o castrapo, pero aquí estamos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.