Irmá de Pepita, Rosa (miña avoa, Xosé María é Roxelio, do rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira, foi outro mais dos emigrantes a Arxentina, asentado segundo me din, en San Xoán da Fronteira polos anos de 1.777 mais ou menos, cando esta poboación tiña 7.661 habitantes, distribuídos entre casados, viúvos, solteiros e nenos. Entre os 2.439 españois estaba Clemente Estévez Cambra.
Me imaxino que moitos escapando dos rigores laborais, o brazo represor da lei, é as levas forzosas orientadas a conter os ataques dos indios do sur, encontraron nos “pagos de San Xoán” o maior resgardo. Logo, comezaba a “terra de ninguén” na que se impuña a lei do mais forte, é onde estes eran os protagonistas das súas propias historias.
Moi poucos datos teño conseguido deste meu tío avó Clemente, pero o imaxino polas aquelas terras agrestes, impondo normas de sociabilidade que escapaban do brazo reglamentador do “Estado”. Andrés Cornejo polo ano 1.784 definiu un bando como de certo “mandato público”, con autoridade lexítima, entre as que destacaban: A prohibición de levar armas, correr polas rúas a cabalo, a expulsión dos vagabundos e vender viño e augardentes nas pulperías dirixidos a resolver a problemática, elaborada polos gobernadores e corrixidores que integraban a municipalidade.
Teño información de que Clemente Estévez Cambra, como “tenente correxidor” foi líder da revolta é administrador de Tabacos en Tuyú.
Debo explicar que os correxidores no século XIV, eran os delegados do rei nos municipios con xurisdición sobre as terras do entorno. O longo da Idade Media, aparecen os alcaldes é os tenentes correxidores. Non o teño moi claro si Clemente Estévez Cambra, o foi de San Xoán da Fronteira ou da vila de Socorro despois dos Estatutos Reais do 1.834.
Introducido na corrente colonizadora da terra de Salta, Catamarca, La Rioja, Cuyo, Río Negro, veño buscando o meu tío avó e a súa descendencia. Incluso coa Exposición Nacional de Córdoba no ano 1.871 durante a presidencia de Domingo Faustino Sarmiento no reparto de terras para o seu cultivo. Seguirei pois, tratando de localizalo meu tío avó e a súa descendencia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.