No rueiro do Casco, no eido de Cambra, me dicían sempre que non confiara nos descoñecidos que era xente perigosa e poderíanme facer dano.
E como rapaciño, nunca me puña alerta, aínda que nos ensinaban a mantela garda, pero ninguén nos falaba sobre a confianza daqueles coñecidos (as veces hai mais perigo) incluso nos mais próximos a nos, como alguén da túa propia sangue.
Na realidade é que hai descoñecidos que son capaces de chegar a nosa vida en converterse en familia. É, tamén hai familiares que chegan a ti e te cravan un puñal na pel, cando esas mesmas feridas estaban a punto de pecharse.
Ruínas, po, feridas e outras cousas mais, coñecín cando diante das miñas narices, vin pazos, casas solares, derrubarse cando parecían moi sólidas. ¡Xa me entendedes!
Despois de tantos anos, moitas desas feridas, ensinan o por que a miña alma xa é como a meniña pequena de xeonllos machucada de tanto caer o chan, e que empeza a avanzar pola vida con moito coidado non vaia a ser que haxa unha pedra no camiño… E é aquí, onde empeza o camiño da desconfianza. Sen embargo eu sempre confiei nas xentes, pero non me saíu ben a cousa. Aínda así, merecen as miñas verbas, o meu tempo porque me len, e por esa manía que teño de meterme onde non me chaman.
As veces, penso eu, que queren coñecerme e paréceme unha decisión valente; outras non sei ben si dar a o “parabéns ou o pésame”; agora ben, do que estou seguro é de que non sería xusto que me coñezan antes de terme presentado. Por iso sigo camiñando, sigo escribindo novos horizontes, e nunca lle quixen dar a benvida a morte, que nos ensina cousas: Unha delas que a vida e mais fugaz do que pensamos, e nos vai estar dando a guerra, preparada para o Sol da primavera e deixarme frío é ben frío.
En canto as angustias, aparecen e desaparecen e dos erros se aprende sempre. As veces o camiño equivocado te leva o rueiro adecuado. É aquí estou escribindo para saber que é o que sinto: Falar da forma que teñen as cousas que non teñen forma. É un pracer para min.
Debe estar conectado para enviar un comentario.