Foi un día de Sol radiante, e quente de amor que visitara o fogar de Cambra como vulgarmente se lle coñece. O eido da miña infancia, despois de tantos anos de ausencia.
O principio as bágoas asomáronme mentres saudaba con cariño a xente do lugar, e facía preguntas sen parar. Vía os paxariños indefensos voando, as formigas coa paciencia infinita traballando e o canciño tombado nun recanto da súa vida, sen dicir ren.
Na porta de entrada non deixaba de observar, e sentir a necesidade de gritar… encantado, lembrando as flores, agora algunhas escapadas da cor, coa mirada fixa esperando ser regadas con auga de amor, de cando eu era meniño.
Me tomaran entón, como seu amigo, que era. Unhas cóxegas sentía no corazón, que me daba coraxe por facelo ben. Daqueles tempos aprendín algo que enriqueceu a miña vida. A ti nardo, ademais de ser pai, fuches o pilar da familia e seguiches sendo grande. E ti flor nai? que soñabas e intentabas unir os pedaciños do día a día da vida, ¡Que!
Aínda así, me lembro das caraveliñas polas carreiras do eido; eran as mais fermosas das flores e co título de “nai”, que ninguén lle podería quitar, porque as súas entrañas formaron o berce da vida, e o seu regazo quedou para os meus sonos: O deran todo.
Agora, ¡tanto cambiou a vida! Agora, despois de tantos anos xa non sodes as flores delicadas coa cor propia e viva, non; agora algunha espiña se cravou que sofren, porque as quería con tenrura. Daquela, tiñan u n coidador que facía ben o traballo, con paciencia e entusiasmo. Adiviñaba o que querían, e lles daba o que non podían pedirme: Auga.
¡Como me lembro de tanta complicidade que enganchaba! Valía a pena mollarse nestes vosos xardíns. Amiga flor, perdóame. Creo que estou sendo demasiado atrevido invadindo co meu pensamento e vagando polo labirinto do tempo…
Hoxe quero que saibades que a vosa vida me importou e que non sodes as flores das dores anónimas. Despois de tantos anos, so quero servir de bastón imaxinario, e compartir a miña lembranza de meniño, aínda que xa sei que non estades xa.
Agora, mentres espero a chegada da morte, igual que os chegou a vos, me gusta pensar naqueles sonos de infancia, tal vez naquel mundo, naquel rueiro de O Casco, que tanto cheiraba a xardín con flores e paxaros.
Cando estou escribindo isto, todo me parece tan fermoso, que o meu corazón está contento de esquecerse do tempo.
Me gustaría gritar de alegría e que me escoitara o vento, pero o vento de Fornelos. Aquelas noites na eira sentindo o saúdo das estrelas e as flores dando o seu fino perfume. Entón, quería ser albanel, para poder levantar pedra a pedra, muro a muro unha imaxe da Lúa, das estreliñas e o vento¡ oh, o vento! Meu consolo de tantos anos fora da terra.
O camiño non foi plano, pero logrei superala vida. E xa non me importan nin o anos nin o tempo. So un canto de alegría o lembrar as miñas flores que tanto me enchían de ar festivo. Aquí me quedo co aroma no corazón intentando que dure toda a vida¡. Que así sexa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.