A dona prudencia non lle está…

velliña piollos

Polos anos 1.948, mais ou menos, andaba eu buscando epitafios no adro da igrexa, con motivo do traslado das sepulturas do adro o cemiterio Cívico, no Coto de Sa, no meu Fornelos da Ribeira, abiscando nas lousas levantadas e espalladas con pouca “prudencia” polas escaleiras que soben o cemiterio. Cando baixaba, unha dona que por alí andaba recollendo herba ofreceuse amablemente asentar unhas lápidas que imprudentemente estaban mal colocadas. O intentar axudarme preguntoume:

– Señor: Se non lle molesta, ¿Vostede a quen busca?
– Señora: Busco nestas lápidas a prudencia en deixalas…
– Quizais lle podería axudar, pois coñecín a case que tódolos mortos da parroquia.
– Pois busco nada mais nin nada menos ca prudencia e respecto polo que representan estas lápidas.
A boa dona, con unha sinal inequívoca da negación absoluta, engadiume de que a tal dona Prudencia non estaba enterrada nesta parroquia.
– Non, mire vostede: Non na busque porque a dona Prudencia aquí non lle está. Si acaso estará noutro cemiterio.
A dona dérase conta despois de quen eu era, o Manolito de Cambra.

A pobre muller aproveitaba a herba mentres entoaba unha oración que aprendera na Escola Pública de Nenas, nas Fraguiñas. Logo, de escoitala dixen: A oración estaba contaminada de castrapo, usado na fala cotiá dos fornelenses.

Adiós, Dios, perfectamente incorporados na aldea e representados no Club de Fútbol, El Progresista de Fornelos de la Ribera. Aquí queda en cal quer caso.

Anuncios