¿Porque emigrou a xente de Fornelos da Ribeira?

Rio Tea Fornelos da Ribeira
Para uns, empezar unha nova vida, para outros, coa idea de ser “anduriñas” e saltar ao outro lado do charco.

Para moitos o seu único equipaxe foi a vontade de saír adiante, con unha mínima formación, saber ler e escribir, para situarse en condicións no pais de destino.

Na nosa terra, noutras tamén, a pobreza e a falta de expectativas nunha terra asoballada, empuxou a homes e mulleres, a buscar outros medios de vida lonxe da terra.

As cartas que escribían os que xa alá estaban, constituíron, entre outras, a fonte inesgotable de información daquel complexo de experiencias que formaron parte individual e colectivo dos nosos fillos de Fornelos.

Así que “o meu tío de América”, tomado como referencia, tivo a estes personaxes reais dentro das tradicións emigratorias da nosa aldea.

Lémbrome do familiar Xosé María Cambra e Rivas, presbítero no Azul (República Arxentina), que se sentía impresionado pola inmensa riqueza que desbordaba aquela Arxentina de entón, comparada coa miseria da terra onde había nacido.

María Núñez Casal, emigrada a Arxentina con 5 anos na compaña da súa nai e irmá. Familiares xa estaban alí. Mentres a avoa se quedou en fornelos.

Como ocorre nas nosa terra, o seus pais se casaran cando ela xa tiña 3 aniños e a outra irmá estaba en camiño.
As dificultades económicas fixeron que seu pai fora reclamado polo o seu sogro.

A avoa materna unía a familia dun e outro lado do charco (Atlántico).

Como moitas outras familias de Fornelos, se lembra do seu pai traballando día e noite para mercar unha casiña, e María, puido ingresar na Universidade.

Tal cal, como o conto.