Os tesouros do eido vello en Lourido

lourido

Me contaban esta lenda sendo rapaz, que no Eido Vello, no San André de Lourido, o lado da Escola Pública, onde aprendín a ler e escribir, polos anos 1.937 había un “Trasno” que se facía presente os louridoñenses, saíndo da Cova e mostrando o seu valor.

Contaban daquela os veciños que en cada ocasión, un casal de anciáns que facía pouco se mudaran a este Eido Vello, escoitaban polas noites gritos preguntando si o podía recibir. Xa os anteriores veciños fuxiran polos gritos, pero non fora o caso dos anciáns que amigablemente responderan que si. Entón, o Trasno se fixo presente, e baixo un amigable aspecto, como recompensa pola amabilidade lles regalara unha cantidade de ouro da Coba dos Mouros, co que os anciáns poderían vivir o resto das súas vidas.

Morreron os vellos e unha sobriña ocupou o eido, pero retirouse presa do susto.

Era de dominio público que o eido estaba desocupado.

Nese tempo se afirmaba que o Trasno se vestira de noiva e aparecía entre os piñeiros do Eido Vello, chorando desconsoladamente. Corría a voz en dúas direccións: Unha, a do espírito da muller que morrera non facía moito, antes de casar, e que se negara a abandonar o rueiro, pois quería vivir. E mais aínda, vendo dende o “Mais Alá”, que o rueiro xa estaba reemprazado por outro.

A outra, algo mais fantasiosa tiña como estraño, o terremoto de Lisboa que arrasara a Igrexa onde a muller ía a casar.

Segundo reafirman certos relatos, e que a muller por conseguir “parella”, a levou a outro mundo. Tanto fora así, que aquela noite se cruzara no Eido Vello, a noite da desaparición.

Na mente dos veciños está que polos camiños do Eido Vello, e difícil transitalo polo perigoso que é, especialmente pola noite, porque o longo da historia ocorreron misterios e desaparicións, e San André non pode dar por esquecida estas lendas e pantasmas. ¡¡Non faltaría mais!!

Anuncios