Un anaquiño da nosa historia

Pedro Álvarez de Soutomaior

Vai para a nosa xuventude que non sabe que no Museo Municipal de Castrelos, de Vigo, hai un anaquiño da nosa historia con Pedro Álvarez de Soutomaior. Tamén coñecido por Pedro Madruga, que tanto cabalgou pola nosa terra de Fornelos da Ribeira. Este anaco de historia dí: “Yo do pedro de souto mayor code de camiña e vizcode de Tuy, conoçco e outorgo q recibí de vos juo de sequeiros . . . , dez myll pares de brancas de huñas fincas q me deste por eytor de Benavides q meno errase os q es rreceby y sete myll pars en un cabo e tres myll de vosa prestança e por . . . verdade firmey aq do meu nomets q foro presents mrc de puga. . . “fornelos” e arda e perucho feyta en Pontevedra XXV de mar. . . e catrocentos e setenta e seys anos. Yo po code e vizcode”.

Mais dun, dos nosos rapaces preguntarán quen foi este Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), e que ten que ver coa nosa historia.
Pois este Pedro Álvarez de Soutomaior, de alcume Pedro Madruga, formou parte da nosa historia. Fillo natural de Fernán Yañez de Soutomaior, dono do castelo ou casa forte do Coto de Sa ou As Fraguiñas, onde hoxe está situada a Igrexa de San Xoán onde aínda se perciben os límites da mesma.

Segundo a declaración feita no testamento: Pedro de Soutomaior, fillo bastardo que lo obe de una mujer que sabe bien su nombre y quien ella es Alfonso García Darban mi escudero y Rodrigo Deza mi sobrino.

Pola vontade de seu pai comezou os estudos eclesiásticos e antes de terminalos, Enrique IV, lle concede a mitra de Santiago, non chegando a posesionarse dela, por falecemento do seu irmá Álvaro, que o había profillado, deixándolle todo co consentimento do rei. (Real cédula 6-VIII- 1.468). Polo cal foi dono de esta terra, casa e estados dos Soutomaior.

Foi nobre, guerreiro, desapiadado, astuto, inimigo dos Reis Católicos, e co alcume de Pedro Madruga, cabalgou polas nosas terras de noite aproveitando a xente durmida para aproveitarse dela.

Este home, anaco da nosa historia, casou con unha portuguesa chamada Teresa de Tábora, cuxo escudo aparece nos dous altares na igrexa de San Xoán, conxuntamente cos Sarmiento, Castro e Soutomaior.

Tiveron varios fillos, entre eles Cristóbal de Soutomaior, protexido da raiña de Castela.

Este Pedro Madruga, anaco da nosa historia, fixo testamento en Refoxos (Portugal), o 10-I- 1.486. E se di que morreu no convento de San Leonardo de Alba de Tormes, de “carbuncio”. Ninguén reclamou o cadáver nin tampouco ninguén o votou en falta.

Na probas caligráficas se di que Colón era el. Non sei si será verdade ou non, pero os amigos e inimigos de Colón eran os mesmos de Pedro Madruga.

Camiños hai moitísimos que respaldan a total coincidencia e principalmente unha: Colón sempre protexeu os fillos de Pedro Madruga. Por algo será.

Tamén se afirma que na época de Carlos V, o fillo de Pedro Madruga, Cristóbal Soutomaior, era Colón.

Neste anaco da historia, da nosa terra, a coincidencia está que Cristóbal Colón foi enterrado na Igrexa de Valladolid, onde estaba enterrado o seu pai, Fernán Yáñez, de Fornelos. Pai de Pedro Madruga.

Teño o presentimento de que Colón tiña algo que ver con Fornelos, pois coñecía os segredos mellor gardados dos portugueses e posiblemente ocultara co alcume de Pedro Madruga, o seu verdadeiro nome, usando os apelidos maternos.

Deste anaco da historia, nos queda Hernando Colón, fillo do descubridor con tantas raíces en Fornelos da Ribeira.

(Posiblemente dos Yáñez de Bóveda, Pedro Yáñez fundador da casa de Parada de Amoeiro, casado en segundas nupcias con Leonor González Henriquez, tiveron a Suero Henriquez, capitán de S.M. en Flandes, casado con Violande Noguerol e tiveron a María Henriquez, casada con Gonzalo de Avalle e Acuña de Fiolledo, fillo de Francisco de Avalle e Pereira e de Inés de Avalle e Mariño, donos de todas estas nosas terras). Así foi este anaco da nosa historia. Mañá haberá mais.