De tal carballo tal estaca

carballeira

Xa ninguén se lembra de cando vivían os nosos antepasados, e menos aínda de cando vivira PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR coa súa dona TERESA DE TÁVORA cos fillos. Un deles fora “O Parrecida”, que soia dar paseos pola ampla carballeira de As Fraguiñas, con unha irmán que tiña un namorado seguidor, fillo dun fidalgo local, con pazo, e que seus pais non se levaban mal entre si. Así que o casamento non tardaría moito tempo.

A hora de xantar non aparecera, cousa in habitual nela, e o pai preguntara por ela o irmán e nai, sen que ningún soubera dela. Rexistraron o Coto de Sa, a casa fortaleza, As Fraguiñas, pero a filla non aparecía. O final un vasallo que había estado de garda na porta, di habela visto saír de noite en dirección a Rañe, camiño do río.

Temendo unha desgracia alá foron pai e fillo co escudeiro a ribeira do Tea, pero non encontraron nada pese a minuciosa busca.
Enviaron entón un mensaxe tanto o Pazo de San Martiño de Moreira, como o de Salvaterra do Miño. O mozo presentarase desconsolado en compaña da súa xente, e todos xuntos emprenderon a busca polo río, montes, rueiros, sen resultado algún.

Logo de indagacións inútiles e dada a perda da filla, se deu morta polo lobo, mentres Pedro Madruga seguía coas súas correrías pola comarca.

U día, andando cazando polo rueiro da Fraga, un cazador quedara sorprendido o ver o lobo rebozándose na terra. Apresuradamente armou o besteiro e con certeiro tiro feriu mortalmente aquela fera, que presumía, si era.

Fora tan rápido que estando so e a pe, el so non podería levar aquela peza. Pensou en chamar na Casa forte, para que lle axudaran, contándolle o pai a extraordinaria fazaña, pero ámbolos dous quedaron horrorizados cando vendo a peza observaron no dedo da man que lucía un anelo douro que ela levaba.

Alí estaba no chan co seu vestido branco, e no peito unha mancha de sangue.

Non sei si esta leria e verdade ou non, o que si e certo e que o catro Pedro Álvarez de Soutomaior, pasado o tempo no 1.515 aparecera en pleitos coas súas irmáns por cuestións de herdanza. A súa nai, o abandonara e fora a vivir a Fornelos da Ribeira, onde a mandou darlle morte na Rasela, en San Miguel de Cequeliños, tirándolle tres besteiros, feríndoa nun brazo e fuxindo a casa do crego Mendo Alonso, mentres Pedro penetraba na Casa forte de Fornelos arrebatándolle ouro e prata, así como outras cousas de valor que levou para Mourentán. Da sentenza, asentada copia no 1.524 en Santiago de Compostela, se pode ver e se pode aumentar o coñecemento dos feitos.

Anuncios