“A barraca” votou a andar en Fornelos

Rio Tea Fornelos da Ribeira
E digo eu que fora na Segunda República Española, cando se abrira unha nova etapa da nosa triste historia. Eran tempos de ilusións entre outras de mellorar a vida, e tamén, de elevar o nivel educativo e cultural da nosa parroquia cívica. O teatro e a poesía foron unha ferramenta eficaz para conseguilo. E por iso, a asociación cultural e veciñal San Xoán, coa colaboración das demais, así o interpretaron en escena na carballeira de As Fraguiñas, como o fixera Federico García Lorca, coa Barraca.

Ten o seu mérito a xente de Fornelos da Ribeira, cos escasos recursos que teñen, pero admirable entusiasmo remolcando o carro da cultura.

Lémbrome de ler como a inspiración dun mestre, como Federico García Lorca, exercera sobre Pedro Salinas, na súa condición de poeta, animando a xuventude a emular o exemplo. Lorca, foi o pai espiritual, pero tamén me lembro, como no célebre discurso do político socialista no Congreso dos Deputados falando do Estado – Igrexa, das copliñas:
¡Viva Fernándo, Viva Fernándo,
Fernándo de los Rios,
Barba de santo.
Besteiro e elegante
Pero non tanto!
Fernándo eramista, barba de santo.

Como o entusiasta pintor Benjamín Palencia, encargado de sintetizar a imaxe emblemática de “La Barraca”, contribuiu, sen dúbida algunha a resaltar o carácter de traballadores da cultura que se daban as xuventudes artísticas.

Naqueles tempos, o teatro e a poesía ofrecían un paisaxe lamentable. Os empresarios, actores e autores se debatían nun medio de pobreza espiritual desconsoladora.

E o remedio estaba na creación dun teatro ensaio e poesía, como ocorría noutros países de Europa.

Eu sei que nestes momentos existen mozos e mozas alegres e intelixentes, na nosa aldea de Fornelos, permitindo facer frente o pipigalesco Federico García Lorca, coa Barraca, e os animo a seguir educando as boas xentes da terra, como o facía García Lorca coa Barraca.

Todos sabemos que o sino dos cómicos e sempre camiñar, que sigan os catroventos, seguros de que algún día, “queimaran a traca na honra da Barraca”.

Felizmente Fornelos ten xente para desenrolar un papel importante con aqueles que teñan vocación polo arte, xa sexa lendo un poema, un trozo de prosa, ou presentar baixo a carballeira das Fraguiñas, a algún galan, sedutor, muller perigosa, noiva tenra ou canalla, que tanto gusta a xente.

¡Parabéns! Por usar o teatro e a poesía como medio, vivindo a alma da nosa terra: Trama e linguaxe da farsa humana, eterna. Nada mais.

Anuncios