A nébeda da vida

santa compaña lenda

Lémbrome daquel eido de Cambra, no Casco, en Fornelos da Ribeira, cando de rapaz envolto na nébeda enxelante, levaba os pantasmas nos osos e no espírito.

Lémbrome ben, daqueles momentos que o atardecer aparecía todo durmido, todo tapado como unha sabana que era a nébeda, apagando toda ilusión, como si neste rapaz espertara a realidade, como si quizais fora un sono. Escasa luz, fronte as que veñen do firmamento a cámara lenta, ou o menos así me parecía, que todo o relentizaba.

A verdade é que naqueles tempos da infancia a nébeda calaba nos osos e a nariz de auga, así como cruse a xiada como si tivera ar nas paredes do xeo, para escoitar o eco das nosas pisadas.

A nébeda nos envolve e algodoa os sons, de tal maneira que todo parece vir de lonxe. De aquí, tal vez a aldea pareza mais silenciosa, onde sempre se escoita o lamento do bufo avisando de que se escapa, camiño do sol. Como o labrego da nébeda que non levanta, ou os paxaros que deixan de cazar cando ai nébeda.

Ogallá mañá sopre o vento, escape a nébeda e os raios do sol lle den a volta o día, dende o ano 1.939 ata os nosos días, así pensaba.

¡Home! Xa se pode concebir a aldea sen nébeda. En canto nos levantamos, vemoslo sol, a lúa e o atardecer que nos viu vedado coa nébeda e apenas un vago rumor. Hoxe vivimos e olfateamos a onde imos. E imos a Fornelos da Ribeira a escoitalos paxariños. Xa sabedes o que é. Un milagre ver os paxariños voando. Aínda hoxe, dende o monte do Castro en Vigo os escoito.

¡Como pasou o tempo! E tarde te das conta do valor da vida. Habitas menos no pasado e te concentras mais na preservación do futuro. O digo eu.

Con esta cantidade de nébeda pasada ¿Canta xente está disposta a contala a súa historia? Ninguén.

Somos como a nébeda que aparece e logo desaparece. Polo tanto, dende 1.939 a nosa vida de aldea foi como aquela nébeda, sen saber o que pasará mañá.

E así, días, meses e anos fronte a un mundo cheo de casualidades que hoxe nos horroriza, pese a nébeda na que somos nados ata o momento de morrer.

Algúns comparan a vida cun vale de bágoas.

Me contaban de rapaz que un vello do rueiro do Oural, pasara toda a vida levando leña para os fogares. Nunha ocasión sentado o pe do cruceiro de As Fraguiñas, fastidiado da vida, exclamara tirando a leña: ¡¡Morte ven a por min!! E, un rapaciño que pasaba por alí, lle dixo: “ Aquí estou. ¿Que me queres?

E o vello pensando que de verdade era a morte lle espetou: Ponme a leña no lombo (¿Entendes a anécdota?) Na mente do vello estaba a morte, que cando se presenta non a queremos enfrontar.

Despois de tantos anos e nébedas transitadas polo Planeta Terra, a nébeda e vida dígase o que se diga. ¿Cantos non marcharon con ela, comidos pola propia nébeda?

Anuncios