¿Por que move o rabo o can?

Can de Palleiro

Dende rapaz quixen saber o comportamento dos nosos cans, Ton e Morito, polo graciosos e encantadores que eran. Logo pensei no gato que ouvea, despois porque os cans ladran e incluso porque os elefantes teñen medo os ratos.

Seguramente ningún veciño desta nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, se molestou en preguntarse o por que.
De rapaz compartín o fogar de Cambra, no Casco, cos dous cans: Ton e Morito.

Ambos tiñan un comportamento particular, Morito facendo buratos e Ton ladrándolle a Serafín, o carteiro cando viña coa correspondencia. E aínda así movía o rabo.

Lémbrome con emoción de cando chegaba o fogar e saltaban de alegría e movían o rabo de lado a lado, como si estiveran felices por verme.

Soen dicir que fan isto para demostrar amor, cariño ou darnos a entender que son felices e queren divertirse e xogar con un. Agora ben ¡Coidado! Cando o movemento do rabo vai acompañado dun ladrido . . .

Entón, me preguntaba: ¿Para que move o rabo? Pode movelo porque se sinte feliz, por exemplo. E, si ademais, de movelo o rabo o can ten as pupilas dilatadas, os músculos ríxidos e move as orellas para diante e para atrás, o mellor é dar marcha atrás.

O rabo do can serve para comunicar emocións fortes, e non necesariamente felicidade, senón, axitación ou ira. Por iso é necesario aprender a ler os movementos do rabo dos cans, porque e algo que resulta difícil comprender, así cando vexas a un can paseando movendo o rabo deberás telo en conta.

Dime como move o rabo o teu can e direiche o moito que te quere. Cando levante o rabo para arriba, está demostrando autoridade; co rabo para abaixo, e que non se fía. Co rabo entrepatas, medo ou sumisión. Coas orellas atrás, asustado, inclinadas para diante, atento, para atrás desafiante e co fuciño ensinando os dentes. . . ¡Ollo!
Tamén pode movelo rabo e estar triste.

Agora, de vello, lémbrome daqueles dous cans, non porque fora un rapaz de boas e manifestas cualidades, senón porque, sabían que era da familia.

Xa residindo en Vigo, cando chegaba o eido do Casco, caracoleaban o meu arredor, saltaban ata miña cintura, e era tanta a emoción que ata se puñan a ladrar de contentos.

Entón, trataba de calmalos, para comprendelos que si, que aínda que estivera ausente volvía a ser o mesmo entre eles e eu. Satisfeitos da vida e da sorte.

Pasaron os anos e a resposta foi o silencio. ¡Que tristeza! A Ton, o mataron para roubarlles as uvas a miña madriña e o outro morreu de velliño. Agora, cando aproveitaba ir o fogar de Fornelos, saía a miña madriña a darme un bico sen aqueles cariñosos cans e noto a falta daquel mundo de emocións primarias que non admitían nin intereses nin capitais. Así se escribe a historia.

Anuncios