Ser ou non ser de Fornelos

Salvaterra do Miño Galicia

“To be or not to be that is the question”. Ser ou non ser e a cuestión. E ser de Fornelos da Ribeira non e so unha ilusión, e unha identidade.

Parece que cada quen ten unha teoría do que é e do que non é “ser de”. Verdade é que estou confundido co ser; galego, e non ser de Fornelos, como a min me da a gana de selo.

Hai quen pensa que revivir o ser de Fornelos da Ribeira e inútil, e para outros desexable. ¿Ser de Fornelos? Si por pertencer o corazón do Condado de Salvaterra do Miño. Tamén en memoria dos avós e pais. Quizais sexa un fornelense mais. Quizais debera falar inglés e non en galego ou o castrapo que é a cultura dominante. Quizais debera desistir de falar en galego e esquecerme das xeracións pasadas. Quizais debera cambiar o apelido Estévez por Steven, estudar a historia inglesa e a dos EEUU. Esquecerme dos antepasados de pura cepa, pero dubido un pouco de todo isto. Agora, mais vello, me poño a falar e escribir en galego para gozalo. Quizais sexa polo “celta”, pero non, son de Fornelos por nacemento e outros o son por adopción.

Ser de Fornelos e un premio, sen permiso da Real Academia da Lingua Galega, e da Real Academia Española. Ser de Fornelos non e calquera cousa, como o ser galego na América, por exemplo.

Eu fun nado no Casco, no corazón do Condado de Salvaterra do Miño, e por suposto galego polos catro costados. Non como outros que nacendo aquí emigraron a América, e se lles coñecía por españois, cataláns ou vascos, Despois de 50 anos alí residentes viñan a terra como arxentinos, brasileiros ou venezolanos.

A verdade e que todos somos galegos sen permisos. E ser de Fornelos da Ribeira, porque tamén hai outro Fornelos de Montes, e a mellor herdanza que nos puideron deixar os nosos avós e pais.

Presumir de ser de Fornelos non quere dicir que non se sintan outros lugares, pois a Patria Común de todos e o Planeta Azul.

Ser de Fornelos da Ribeira e ser dun lugar, rueiro ou terra. E un sentimento. E unha identidade onde se encontran as cousas que amaches, entre elas, aquela tortilla de patacas, aquela cunca de viño, a sesta, a taberna, as festas e romarías.

Ser de Fornelos da Ribeira e rir coa boca aberta en cada romaría das Fraguiñas de ano en ano. Ata as veces me parece unha bravuconería que como di a Real Academia de la Lengua Española define: Esforzado so en aparencia, pero ser de Fornelos da Ribeira non é ningunha bravuconería. E un lugar de ser ou non ser, como aquel diálogo permanente entre Shakespeare e o pantasma Cervantes cheo de humor e tenrura. Nada mais.

Anuncios