Viño, pensamento e a Casa Pepe

viño cunca

Noites de cea, poesías e felicidade, era a denominación común dos xornalistas e políticos de El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e algún que outro de La Noche, de Santiago, na Casa Pepe:

José María Castroviejo, Angel Sevillano, Julio Siguenza, Álvaro Cunqueiro, Gerardo Campos, cronista oficial da cidade. Manuel Lustres Rivas, Pepe Vázquez, de Radio Vigo, e políticos, como o alcalde Suárez Llanos, o Gobernador Civil da provincia, José Fernández Martinez, o presidente da Deputación, Ponce de León . . . , que segundo vía tiñan preferencia polos brancos de África Porto, de San Adrián de Meder, e o tinto, da miña madriña Alfonsa Alonso Cambra, do rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, que mais dun visitara algunha vez.

As historias non se esquecen e aparecen nos cantos o viño que nos enchía de bos sentimentos. Eu era un rapaz estudante e reporteiro do entón El Pueblo Gallego con José María Castroviejo, como director.

Todos eles cantaron loas o viño: “Viño ensíname o arte de ver a miña propia historia”, dixera Julio Siguenza. Ernest Hemingway: “ O viño é a cousa mais civilizadora do mundo”, e se nos retrotaemos o filósofo grego Séneca: “A prosperidade que mais dura e a dun viño manso”.

Tódalas verdades se comproban xunto a unha cunca de tinto, se expresaba José María Castroviejo, con unha ración de “pescada a Casa Pepe” no prato.

¡Como cultivaban o viño! ¡Canto agarimo! Para cada un dos cultivadores a realidade, aínda hoxe, era de que as súas uvas eran as mellores do mundo.

E quizais puidera ser, non o dubido.

Xornalistas, escritores e poetas, así como os políticos do momento, en cada tempo, se lembraban do viño, do xantar ou cear, na Casa Pepe, como os que coidaban a viña, con raíces profundas no corazón do Condado de Salvaterra do Miño. Descansen en paz todos eles.

Estes xornalistas e políticos tiñan xa o paladar afeito ao xantar o cear dos peixes, carnes e mariscos co viño que, como dixo nalgunha ocasión o meu amigo Xosé Posada que na gloria estea, “a min gústame, como a miña muller lle gusta a Virxe das Dores que tamén fai milagres coma as demais”.

Non é que o diga eu, pero tanto o xantar como o viño tiña un bouquet que era unha aventura que facía vivir con intensidade cal quer momento.

Debo dicir e digo que estes xornalistas e políticos que eu coñecín de rapaz, xa non están, pero todos aqueles sacrificios de comer e beber ben, non se esqueceron. E lembrando a memoria do meu amigo Xosé Posada, que tantas tardes pasamos bebendo xuntos en Ourense, lle dicía Xosé María Pérez:
Amigo Xosé Posada
recibín o invita mento,
e teño gran sentimento
por non estar na queimada.

Teño un viaxe preparado,
na mesma data da festa
nin ren de tempo sobrado.

Tería moita ledicia
estar con tan boa xente,
e beber un groucho quente
da ribeira da Galiza.

Ire gostoso amavío
Que molla a forxa i o peito
e pon o corpo dereito
e chimpa da alma o frío.

Mais, si o Noso Señor quer,
non ha de faltar o día
que fagamos bruxería
i unha queimada beber.

Ata entón, Posada amigo
con lembranza pro Condado
unha cunca de viño tinto
con amizade eterna.

¡Que Deus os teña a todos na gloria por haber bebido viño da terra!

Anuncios