Empezarei por evocala lenda dun fillo do Casco, en Fornelos da Ribeira, que polos anos 1.714 decidira peregrinar a Santiago de Compostela. E saíndo de Rañe, se parou ante a Ponte Romana das Partidas, onde tirou unha moeda o río Tea, pensando que o regreso a encontraría coa terminada construción da Igrexa de San Xoán.
Cando regresou da peregrinaxe sentouse a almorzar na taberna que había, e pedira un peixiño do río, coa intención de encontrala moeda do río, pensando que coa moeda as campás empezarían a repenicar e as vestiduras se lle transformarían milagrosamente en “santas” coa bendición oficial da Igrexa no 1.715. ¿Que ocorreu? Ninguén o sabe.
Outra. No San Xoán de Fornelos, houbera un abade con unha criada que se encargaba de todo. Francamente de todo. Un día un rapaz entrara na reitoral en Rañe, a roubar unhas ameixas gritándolle a criada: ¡Rapaz! E o crego: ¡Que saio!… “Neste malentendido”, o abade decidira cortala ameixeira, por un lado para que a burra comera, e pola outra aproveitala madeira para o retablo da igrexa.
Outra. O portillo que aínda se conserva ir indo para O Casco, fora unha das portas de acceso a “Casa Forte” dos Pedro Álvarez de Soutomaior, por onde e entraran os serviles do IV Pedro Madruga, a matala súa nai, para roubarlle.
Alí, a temos hoxe xustificando a “liberación de Fornelos”, durante anos.
Outra. Baixo o manto da Igrexa de San Xoán e a Virxe dasa Dores, se gardan un sen fin de historias e segredos que os cobren de certa personalidade. Pero, cada vez están mais ocultos, no noso patrimonio cívico relixioso, neste noso Condado de Salvaterra do Miño, corazón, da nosa terra.
Hai que dixo que na antiga igrexa que estaba pola parte de abaixo, cara a Loña, Laxe e Casco, houbera un templo que albergaba historias estendidas na época medieval que consistían en pecharse de por vida, pola fe.
Ningunha sinal queda de quen falaba a través do silencio dos muros que tería moito que contar.
Se insinuaba que alí había unha cela como penitencia a moitas mulleres “pola mala vida”, que permanecían na penumbra dos fríos muros ata a morte, vivindo das esmolas e alimentos que lles proporcionaba a xente. Era un atisbo de luz entre a escuridade, se dicía.
Non sei si será verdade ou non, pero se comentaba que a cela contaba co unha fiestra ou presbiterio a Igrexa, para dende alí, presenciar os actos litúrxicos que se levaban a cabo.
Aquelas mulleres se aferraban a este esparexer de reflexión e rezo, deixando atrás goces mundanos para acceder a “liberación espiritual”.
Misterios sen resolver de tempo ancestral, e sen saber si as emparedadas o facían por decisión propia ou allea, da man da igrexa, onde familias fidalgas pagaban para que as súas fillas foran pechadas de por vida a fin de salvar cos seus rezos a familia.
Vestixios dun pasado, unhas lendas, outras historia real, todas elas se foron perdendo polos camiños dos anos. Así se escribe a historia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.