A logia das tres virtudes

3 virtudes Fe esperanza caridad

Juan Fernández de Soutomaior, crego revolucionario ingresa no 1.810 na logia Tres Virtudes, en Cartaxena de Indias, ata acadar o grao 18 da masonería.

Entón a masonería non tiña nin principios filosóficos nin relixiosos, so mentes a loita pola liberdade.

Hoxe hai que ver como se loita polos cartos, se rouba, se atraca e se mata, pero daquela os obxectivos eran a defensa da liberdade de pensamento e fomento dos principios de tolerancia, especialmente a des alfabetización do pobo, que os nosos emigrantes de Fornelos o tiñan moi claro.

O canónico, Juan Fernández de Soutomaior, amizarase co doutor José María Estévez no ano 1.823 cando este era rector do Colexio Maior de San Batolomeu, co dominico freire Antonio María Gutiérrez, iniciantes da Sociedade Bíblica de Colombia. Naquela reunión elixiron presidente o doutor Pedro Gual, masón co grao 33; o doutor José María del Castillo, ministro da Facenda co grao 33, e mestre da logia Fraternidade Bogotana, nº 1.

O segundo fora o doutor José María Estévez, prebendado director do Colexio Maior, e o terceiro vicepresidente, o doutor Juan Fernández de Soutomaior e Picón.

Ademais o crego Juan Fernández de Soutomaior tiña amizade persoal co vicepresidente Santander, quen co padroado republicano axudou o seu bispado (Emérico Cornicelli, 1.979).

Unha orde do 8 de novembro do 1.828 de Bolívar, prohibe tódalas asociacións ou confraternidades secretas, fora cal fora a determinación e aproba que os gobernadores disolvan e impidan reunións das sociedades secretas.

Tal como era a ensinanza para os nosos emigrantes fornelenses, así era a filosofía democrática e útil para a consolidación da “educación universal”: Libre e obrigatoria. Pensando no benestar das maiorías: Unha educación pública e oficial, para o pobo, e non para as minorías selectas.

Así o consideraban os nosos emigrantes da América, que era indispensable a popularización da educación para organizar democraticamente o Estado Español Republicano, que aparecera ante o mundo con un futuro de prosperidade.

¡Que pena que o crego revolucionario Juan Fernández de Soutomaior non ocupara praza no Fornelos daquel tempo! ¡¡Que pena!!

Estou seguro que afirmaría os valores cidadáns nos coñecementos dos dereitos e deberes da nosa sociedade, o coincidir cos nosos 37 emigrantes de Bos Aires, fomentando as escolas primarias, baixo o piadoso, amable e conciliador Juan Fernández de Soutomaior, cuxa orixe está nesta bendita terra de Fornelos da Ribeira.

Dende aquí a nosa admiración a este crego revolucionario, congresista e educador, que deu exemplo de sacrificios polas xeracións futuras e que nos, dende este recuncho de Fornelos da Ribeira, debemos valorar o seu coñecemento histórico que forma parte da nosa humilde historia local.

Fornelos da Ribeira, como tódolos pobos consciente da súa singularidade histórica, hoxe mais que onte, necesitaba coñecer o seu pasado, si e que quere orientalo seu futuro, porque grande parte del e medieval. E para escribir a historia de Fornelos, temos que sentila paixón por ela.

Chegamos ata o Decreto do rei Afonso X, O Sabio, no 1.260 que pedía que as escrituras públicas se escribiran no idioma popular e non no latín, como se facía, sometido a costume e práctica de cregos e escribáns públicos, idioma que entón se falaba. Se usaba: “Se o vos non cumprides”, “De que se o abade queixaba”, ou ben “se acaescer que estes momentos sexan feitos ao día que me eu finare”, o que acabou por deixalo relegado as xentes do campo e clases humildes.

A catedral de Tui, ou a propia Igrexa de San Xoán de Fornelos, son mostras, por exemplo, do marabilloso arte que pregoaba o sentimento estético da época.

O galego, tamén foi utilizado como instrumento da literatura refinada no século XIII.

Os clérigos se dedicaban a escribir cartas de doantes os mosteiros e igrexas facendo o en latín, facendo da lingua de Lacio, a base da vida intelectual da época.

No transcurso do século XIV, o cristianismo foi elemento capital da nosa vida política administrativa. O idioma vulgar foi nacendo o arredor da actividade política, social e literaria, segundo Ramón Menéndez Pidal.

Nacen as casas e liñaxes que Vasco da Aponte cita da nosa terra. Exemplo: Sarmiento que se sinaba os rumbos que no futuro poderán levarse a cabo pondo en boca a “ribeirinha”, tan amada por Sancho I, no 1.189.

Non sei quen dixo: Aquel que esqueza a súa historia está condenado a repetila.

A vida en Fornelos da Ribeira estaba condicionada a creación de Deus, das plantas, dos animais, a terra, a auga, de tal modo que a natureza formaba parte da vida cotiá.

O tempo tiña dous referentes: Un de carácter físico, o sol; o outro de tipo cultural: As campás. O ritmo de vida entraba en contradición co sistema eclesiástico, porque as campás exercían o seu papel de guía e alertaban dos perigos, marcando o paso do tempo. A cristianización trouxo a xornada das 24 horas.

Fornelos non foi alleo a “haxiografía” que tiña por obxecto rexistrala vida exemplar cos milagres realizados polos santos para glorificalos e serviren de modelo no comportamento da xente. Entre o 950 e 150, ten lugar a xestación do territorio co recinto amurallado entre As Fraguiñas e Coto de Sá, conferindo aforamento posterior ata chegar a ser concello.

O privilexio de Teresa de Portugal, no 1.112 chega coas costumes outorgadas o bispo de Tui, para fomentala poboación co beneplácito da raíña Urraca, da que falaremos dela noutro apartado, contribuíndo os foros de Fornelos. Cuase de facto, señorío propio, o mesmo tempo que Tui se encamiñaba na colina sobre o río Miño, onde antes houbera un castro de ocupación romana, sueva ou visigoda.

Co carácter de Afonso IX, acrecentouse a presenza urbana en Salvaterra. Así no ano de 1.228 se afora Salvaterra sobre o río Miño, fronte a fortaleza portuguesa de Monçao. Con Afonso IX, (1.207/1.225), se renovan os foros de Tui, con novos privilexios (Antoloxía de textos forais), e o noso fenómeno labrego aparece mediocre co sistema imperante que asombra practicando unha historia de comprensión co pasado. (Román Martínez Miguel, Otero Piñeiro. La domus de Santa Leocadia de Guillade. Ponteareas. Ano 963).

As cuestións forais estaban así:

    Ano de 1.095 – Tui – Outorgante Raimundo de Borgoña. A cotamento.
    Ano de 1.142 – Tui – Outorgante Afonso VII, familia foral propia.
    Ano de 1.170 – Tui – Outorgamento Fernando II, familia foral propia.
    Ano de 1.211 – Tui – Outorgamento Afonso IX.
    Ano de 1.228 – Salvaterra – Outorgamento Afonso IX.
    Ano de 1.250 – Tui- Outorgamento de Fernando III, confirmando.
    1. Fornelos da Ribeira estaba dentro das costumes e vida cos seus privilexios e dereitos. A Casa Forte, amurallada, garantía a liberdade dos seus moradores fronte a indefensión dos rueiros. Testemuña mudo do feudalismo coa presenza do poder delegado.
    2. A relixión aparece coas cruces e cruceiros, con unha dobre función: Proxección pública e ubicación nos vieiros e encrucilladas cos camiñantes.
    3. A vida de Fornelos da Ribeira, se propagaba coa fe e o Evanxeo, materializando o exercicio do poder. A Igrexa non deixaba de ser a Casa de Deus, e pantalla visual do mensaxe relixioso.
    4. Fornelos era para a tradición cristiá a aproximación os veciños, os peregrinos, os camiñantes; e as encrucilladas elementos de penitencia, oración e meditación xuntamente coas capelas e ermidas, que nos séculos XV e XVI, chamaban “humilladoiros”, e os “calvarios”, coas tres cruces simulando o Gólgota.
    5. Tamén había mesas de pedra como pousadoiros con discutibles funcións para uso relixioso ou funerario.
    6. En canto a comida, dependían da posición social, aínda que moitos alimentos eran comúns. como os padecementos.
    7. Pan con viño. Caldo e porco. Carne para os fillos de alcume. A caza era sino de poder.
    8. Na práctica se comía dúas veces o día: Almorzo, e xantar. Se evitaba o xogo, a inxuria e outras actividades non ben vistas.
    9. Os fidalgos dispuñan de taboleiros e mantel.
    10. Non se usaban servilletas nin cubertos. So culleres e seus pratos.

Os “señoritos” de Fornelos usaban as copas de viño, repartían o xantar e usaban a espada para partir a carne. Un exemplo do ar señorial do noso territorio.

Dixen que falaría da raíña Urraca e aquí estou disposto a facelo, can fermosa podería ser por cuxas veas corría fresca e pura sangue goda, e con ela, aquel vigor dunha raza, sinxela, delicada e fina, co terso dunha estatua de cera, aínda que tibia do molde na que fora baleira.

Duramente foi tratada, incluso no seu pazo do castelo de Salvaterra, pero cremos que nin por uns nin por outros, se tivo en conta o “negro das costumes e o carácter do século XII”, para apreciar a grande figura que por Fornelos da Ribeira pasou, a tan ultraxada como acaloradamente defendida Urraca, raíña de Castela.

Era Urraca, unha deusa con rasgos de meniña e rostro de anxo, sedución do Demo. para arrastrala o abismo. A princesa Urraca, admirada polos seus encantos, vivía privada do cariño e desvelo da súa nai Constanza de Borgoña, abandonada do seu pai, entregado o furor das conquistas ¿Me entendedes?

Urraca tropeza con Bermudo de Moscoso, rico home, que fixo da belida Urraca, paixón e desgraza polo desprezo de non ser correspondida.

Urraca amaba a Moscoso, non con altivez de infanta, nin co fume de herdeira o trono, senón co candor dunha rapaza, pero Bermudo de Moscos, non o concibía así, e se volvía insociable, desafiando as fogosas miradas de Urraca respondendo con desdén os seus rendidos acentos: “Bermudo, de vos me fío, non teñas reparo en confiar en min, será a proba de afecto que me haxas dado”.

A verdade era que Urraca,amigos, brillaba na corte, como o Sol entre os astros. Todo xiraba en torno seu, todos recibían a luz da súa faciana. So mentes un aventureiro tivo a temeridade de aproximarse a ela, Raimundo de Borgoña que tamén hai que dicilo, o rechazara primeiro.

Pouco tempo despois foi conducida o altar. O rei deulle en dote o goberno de Galicia nomeado o xenro Conde da terra.
Urraca viuse a Compostela co seu marido, visitando castelos, casas fortes, como a de Fornelos, onde vivían os seus vasallos. etc.

No ano 1.107 morre Raimundo, morre Afonso VI e Urraca herda a coroa de León e Castela.

Segundo o testamento de Afonso VI, avó materno do fillo de Urraca, estaba pendente do reino de Galicia. Nestes tempos, os veciños de Salvaterra e de Fornelos en especial, se recollían co Sol, rezaban, ceaban en santa paz, e se tendían no leito de palla, segundo as comodidades de cada cal.

Na vila Lazoiro, reinaba o maior silencio cando se anunciaba a visita de Urraca o seu pazo do castelo. O menos os fidalgos rendían pleitesia nas súas visitas. Aquí Urraca despachaba con abades, monxes e con Fernández de Castro, pedindo socorro, cando subía ou baixaba polas escaleiras do pazo. ¡Vai ti a saber!

Eu quero render aquí o meu humilde homenaxe a Urraca, e aquelas mulleres que nos guiaron para chegar a onde estamos. Dunha forma ou de outra, se resentiron da conduta dos reis, da súa vida persoal: María de Portugal, Leonor de Guzmán, Blanca de Borbón, María de Padilla, etc.

Ninguén fala do carnaval do 1.675 nos que os cabaleiros se citaban na praza e os fidalgos de Fornelos na carballeira de As Fraguiñas, para celebralo día das Carnes lendas.

Cen anos durou a prohibición que o pai Sarmiento non falaba doutra cousa que dos limóns, limas e laranxas. Xa o dicía o cronista de Filipe II, do verxel desta terra.

Falaba de Pontevedra e da ribeira do Tea onde estaban os viños para Inglaterra, e o expediente do Lacón. E aquí e noso deber facer unha honrosa homenaxe o porco.

Tamén ¡Como non! Se falaba da vida sexual do clero, que formaba parte da nosa historia, vinculada a familia, a vida privada e as mulleres. A imposición do celibato eclesiástico, coa Reforma Gregoriana e as probas de fidalguía conservadas no AHUS, da Real Chancillería de Valladolid. ARChV).

Nestes tempos se dicía: “Si coñecéramos tódolos fillos non declarados, a media alcanzaría a de dúas por persoa”. Así polo 1.515 o deán e canónigo Fernando de Castro, tiña 8 rebentos, pese a estar castigado con pena de 2.000 maravedís.

Todos estamos emparentados coa historia dos fidalgos, e temos un grande bacío cultural importante sen investigar os liñaxes que mantiveron unha hexemonía dende a fundación de Fornelos da Ribeira, polos Fornelos de Teo ou Zas de Compostela. So observando os escudos dos altares centrais da Igrexa de San Xoán, se pode saber quen foron os artífices da mesma.

Por Fornelos e Lourido, estiveron Pereira de Castro, de orixe portugués de finais do século XVI, aínda que se perciben algunhas sombras sobre a vida cotiá dos vinculeiros cuestionada polo P. Saavedra nos séculos XVI e XVIII.

Dixo Froilán Troche: “Nuestros abuelos vivían en sus casas de campo la mayor parte del año, y el habelos retirado hoy a todos para las villas, es porque vuestras mujeres e hijos no pueden ir al teatro, porque no lo hay. Si vivieseis en las aldeas habría seguramente médico,habría menos ladrones, darían impulso a la agricultura,socorreriais las necesidades de vuestros colonos, se harían más civilizados nuestros labradores”.

Carlos Martínez Barbeito, expón o problema da heteroxeneidade social dos fundadores das casas fidalgas , tal e o caso de Fornelos da Ribeira, e os pazos en xeral.

Non deixo de ter luces e sombras, sobre a nosa fidalguía e das clases privilexiadas dos nosos cotos durante o século XVIII. O recoñecemento xurisdicional e a súa problemática estaba na delimitación do dereito ou non, do pasado medieval que dispón a Idade Moderna.

A familia Castro, tan vinculada a nosa terra. Gutierre Ruíz de Castro, fillo de Trava e neto de Pedro Froylaz, o grande galego do século XII, rival e compañeiro de Xelmirez, casado con Elvira Ozores. A mal casada Inés e Juana de Castro, de singulares belezas que enlouqueceron a reis.

O apaixonado amor de Pedro de Portugal e Juana, porque a súa traxedia non estivera rodeada de episodios románticos, se non dunha aventura triste e calada.

Fornelos da Ribeira asiste o perseguido Álvaro Pérez de Castro, a toma da praza de Salvaterra na que seu irmá Fernando había feito a cerimonia de ruptura co seu vasalaxe. Este Álvaro Pérez de Castro, viviu por estas nosas terras, sempre apoiado polo rei portugués, seu protector e amigo.

Juan Rodríguez Sarmiento, Rodrigo Yañez . . .

As xentes de Fornelos asisten a proclamación do rei portugués como Señor de Salvaterra. Non era para menos. Con Alvaro Pérez de Castro, quen lle abre as portas.

Fernando de Castro ocupa Tui, mentres Alvaro Pérez de Castro emigra a Portugal, terminado ser emigrante e fundando familia ilustre naquel reino. Entón había uns 500 emigrantes encabezados por Fernando de Castro.

Pedro Ruíz Sarmiento, Adelantado Maior de Galicia, de Ribadavia, aínda que os Sarmientos eran de orixe leonés. Vinculados a Galicia, o rei Enríque III rei de Castela, o 13 de agosto do 1.397 lle concedeu o Señorío de Soutomaior,cos que xa estaba emparentado.

Chegamos o triste caso dos concellos sen voz e voto convertido en vasallos da aristocracia que os señores de poder e fortuna, ensanguentaron as terras no século XV co levantamento dos irmandiños.

O dito : Os Sarmiento se asentaron feudalmente en Ribadavia. Enrique II, no 1.375 lle deu o Señorío a Pedro Ruíz Sarmiento. Ribadavia foi entregado en saqueo os ingleses coincidindo co levantamento do castelo. O castelo de Sobroso pasou os Sarmiento por concesión a Diego Pérez Sarmiento do rei Enríque III,pola axuda prestada. E foi este castelo de Sobroso un sementeiro de discordias entre esta familia e os Soutomaior que crían ter dereito a el.

Os Irmandiños de Tui, con Alvaro Páez de Soutomaior foi atacado por 5000 irmandiños, entre eles a Casa Forte de Fornelos, reconstruída por Pedro Madruga e Teresa de Tábora. Pero a traxedia estaba nos magnates e fidalgos que en lugar de unirse a unha aspiración nacional galega, se dedicaron a loitar uns contra outros, facendo táboa rasa dos dereitos tradicionais.

Os inimigos de Soutomaior acordaron atacala Casa Forte de Fornelos, punto de partida das forzas de Pedro Madruga, polos desaforos cometidos. A Casa Forte estaba defendida por 15 homes, acudindo a cercala 400 o mando do bispo de Tui, Diego de Muros, García Sarmiento, Francisco Aballe e algún mais.

Francisco Aballe, tío e sobriño, forzaron retiralas tropas do bispo, pero estes sorprenderon o bispo e o prenderon, non soltándoo ata pagar o rescate. A morte dos Aballe en Fornelos, colocou os Soutomaior fora da lei.

Teresa de Tábora, cuxo escudo ondea nos altares laterais da Igrexa de San Xoán de Fornelos, xestionaba na corte de Castela, o indulto para o seu home, mentres o fillo alegando ser o herdeiro dos bens, reclamaba dende Fornelos, as fortalezas e pazos de Soutomaior,Fornelos de Montes e Salvaterra.

Na Corte logrou dos Reis Católicos o testamento de Maior de Soutomaior, e o recoñecemento como lexítimo herdeiro, segundo S. Portela Pazos. Co título na man apoderouse do castelo de Soutomaior e o pai tivo que refuxiarse en Portugal.

Nestes tempos as casas solares de Fornelos da Ribeira se encontraban cheas de vida coa presenza de serventes con estancias amobladas, profundamente decoradas .Exemplo: García Ozores de Teans e Covelo.

A visión, por outra parte, tremebunda do réxime señorial nos legou a reforma do século XIX, que en realidade foi “ un canto de cisne que pouco tiña que ver coa realidade”. Non era tanto a liberación dos dereitos señoriais propios como o libre nomeamento das autoridades municipais, e sobre todo, a eliminación das que pesaban sobre as nosas terras, a dicir de A. Domingo Ortíz (1.976. op. p. 434).

No artigo 1º da Lei do 6 de agosto do 1.811 quedou abatido o réxime de xurisdicións privadas, asumidas no sucesivo pola Nación como única e Suprema Soberanía. ¡Non me estraña nada que os donos que vivían tranquilos en Fornelos da Ribeira se estremeceran con esta Lei!

Así as cousas os duques de Alba reclamaban o dominio do Condado de Salvaterra o mais puro estilo da forza,hoxe felizmente en mans do concello de Salvaterra do Miño.

Na Real orde do 20 de maio do 1.849 destinada a facer cumprir de forma efectiva a defensa dos intereses da Facenda Pública, naceron os consellos provinciais e o Consello Real, sobre a calificación dos dereitos dos partícipes leigos do acordo establecido no artigo 4º da Lei do 20 do marzal do 1.846.

Dicía Otero Pedrayo: “Sei cando lle chega aos homes a hora do outono, como lle chega as carballeiras. Ninguén pode deter o a mareo das follas. Tamén os pasos ameran como as trabes”.

RESUMINDO: Tras o fracaso do feudalismo durante a I República, se ensaiaron varios movementos nacionalistas, grazas os esforzos republicanos e esquerdas na redacción do Estatuto de Autonomía na II República.

Na actualidade, a nosa terra nai, segue sendo caciquil, innata da terra, envellecemento rápido e saldo vexetativo positivo.

Fornelos pasou a ser a “morada dos mouchos”. Todos sabemos que estas aves son interesantes. Fornelos o é. O moucho e o símbolo da sabedoría; fai un único son na noite que non se ve a miúdo, e que existen diversos mouchos, como a curuxa e outros.

Aquí en Fornelos encontramos os de 4 polgadas, xa maduros, con diferentes cores, mesturados moi ben no entorno, o que fai difícil identificalos. Sen embargo, son fáciles de observar debido os seus comportamentos, vivindo so. Son moi meticulosos utilizando as garras e pico, nos seus hábitat utilizando espazos para a súa causa.

Eu no ánimo de probar si estou no certo ou non, os pregunto si estou acertado do que penso e digo da miña sempre benquerida terra.